Iria
Continuando no ronsel de Pensa nao, esta nova novela de Anxo Angueira lévanos agora a fins dos sesenta, ós anos en que se organiza a primeira resistencia activa antifranquista.
Continuando no ronsel de Pensa nao, esta nova novela de Anxo Angueira lévanos agora a fins dos sesenta, ós anos en que se organiza a primeira resistencia activa antifranquista.
Continuando no ronsel de Pensa nao, esta nova novela de Anxo Angueira lévanos agora a fins dos sesenta, ós anos en que se organiza a primeira resistencia activa antifranquista. E lévanos a bordo dun pequeno galeón a vela que lle dá o título, Iria, e que se converte no grande protagonista. As súas travesías pola Arousa e as súas remontadas polo Ulla, descritas co léxico náutico aínda vivo, parecen ás veces concibidas como unha dura proba de resistencia, de escritura e de lectura, na que o autor e o lector viven embarcados. Entretecido coas viaxes do galeón, o traballo na construción dun canal de regadío funciona como contrapunto obreiro e labrego que contrapesa o protagonismo do mundo mariñeiro. Pero tamén é toda unha metáfora social e política da época. Cosendo tódolos fíos, as entremesturadas historias de afogados semellan unha memoria polifónica do Ulla e mais da Arousa. Concibida e escrita sen concesións, Iria é un poderoso exercicio literario que nos leva a bordo, coma en Manoel Antonio, e nos emproa cara a horizontes nunca antes navegados. Unha novela memorable, un fito na narrativa galega contemporánea.
Colección
Narrativa
Código
1331319
I.S.B.N.
978-84-9914-362-0
Publicación
19/04/2012
Clasificación IBIC
FA
Formato
Papel
Páxinas
328
Tamaño
22 x 15 cm
Colección
Narrativa
Código
1378165
I.S.B.N.
978-84-9914-652-2
Publicación
01/03/2014
Clasificación IBIC
FA
Formato
ePub