A Historia de Manancial desenvólvese no ano 68, nun espacio propio e pechado, que podemos identificar como da América profunda, que serve a Manteiga para que os seus personaxes, todos eles moi primitivos e primarios, poidan desenvolverse con soltura e credibilidade.
Partilla este libro
Sinopse
A Historia de Manancial desenvólvese no ano 68, nun espacio propio e pechado, que podemos identificar como da América profunda, que serve a Manteiga para que os seus personaxes, todos eles moi primitivos e primarios, poidan desenvolverse con soltura e credibilidade. Manancial é a historia dunha serie de asasinatos, de varias violacións, de consaguinidades e violencia. Unha historia dunha fuxida cara a ningures, cara á aplicación da lei e da xustiza dos poderosos que non saben das razóns da violencia, da morte, da vida perdida, sen sentido. Unha historia da estupidez humana, de seres sen horizonte e sen luz, que por mero instinto de supervivencia, reinciden no seu propio erro.
A trarna da novela artéllase ó redor da familia Obrador, formada pola nai, Ma, soa e tetrapléxica por mor dun seu home borracho, e os seus catro desgraciados fillos. Unha familia que para supervivir necesita crear un mundo absolutamente pechado ó redor da nai, a matriarca e obsesiva cohesionante dos catro irmáns. Lino, o maior, que fala máis do necesario pero que nunca ten nada que dicir; Tomás, o protagonista da obra, que encarna o silencio e a violencia; Flor, a fermosa flor murcha e nunca amada; e Ho, o pequeno, oitomesino, subnormal e o única de todos eles que será capaz de conservar a vida.
Colección
Narrativa
Código
1331140
I.S.B.N.
978-84-8302-195-8
Publicación
17/12/1997
Clasificación IBIC
FA
Formato
Papel
Páxinas
216
Tamaño
21 x 13 cm
Autor
Xavier Manteiga
Xavier Manteiga é un escritor e guionista galego. Nado en Santiago de Compostela en 1968, é licenciado en Xeografía e Historia na especialidade de Historia Contemporánea. Como Escritor, posúe os seguintes Premios e Publicacións: ``Morrer na herba´´ Edicións Positivas,
``Sinfonía inacabada´´ Finalista do PREMIO XERAIS DE NOVELA 1995 Edicións Positivas, ``As portas do inferno´´ Finalista do PREMIO ESQUIO DE POESIA 1995 ``Efrén´´ Poema narrativo para o libro colectivo ``Berra liberdade´´ Editorial Galaxia, ``Manancial´´ PREMIO XERAIS DE NOVELA 1997, ``Ira´´ Finalista do PREMIO BLANCO AMOR DE NOVELA 1999. Editorial Galaxia e ``O soño de Caín´´ Finalista do PREMIO GARCIA BARROS DE NOVELA 2005. Como Guionista, é autor, entroutras, das seguintes obras: ``Ma Clon´´ Guión cinematográfico subvencionado polo Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (I.C.A.A), do Ministerio de Cultura, ``Domingo Fontán´´ Nominado ao mellor documental no Festival de Cinema de Ourense 1996, TVG e Telecinco, Autor da Biblia e Guionista da sitcom Pequeno hotel TVG, Guionista do programa Con Perdón TVG, Dialoguista da serie Terra de Miranda TVG, Co-guionista e Editor da gala dos Premios Mestre Mateo 2003, Co-guionista dun especial de Platos Combinados TVG, Co-creador dos personaxes de ficción "Os Tonechos", Guionista e Editor de preto de 100 sketchs de Os Tonechos para o programa Luar, de 30 especiais de Os Tonechos, e de 85 programas de O show dos Tonechos TVG, Autor de Mundo verde, en fase de pre-produción como película de animación 3-D e Guionista da sitcom Escoba! Ficción Producciones para TVG. 2011-12. Xavier Manteiga é ademais colaborador en diversas revistas e xornais de prensa, membro da Academia Galega do Audiovisual e co-fundador da AGAG (Asociación galega de guionistas).