Recén chegados

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Alba De Evan

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Ledicia Costas

No ventre do silencio

Autor/a : X. L. Méndez Ferrín

Ao xeito dunha nova Casa da Troia, a coñecida novela de Pérez Lugín, No ventre do silencio recupera a historia dunha xeración de universitarios composteláns, no remate dos anos 50.

Partilla este libro

facebook twitter

Sinopse

Ao xeito dunha nova Casa da Troia, a coñecida novela de Pérez Lugín, No ventre do silencio recupera a historia dunha xeración de universitarios composteláns, no remate dos anos 50. Desta intención do autor dan fé as citas coas que se inicia a novela: "Cada xeración deberá fabricar a súa cidade" (Antonio Sant´Elia) , "Permitín á cidade entrar na miña mente" (John Barnie). O núcleo da trama xira ao redor das peripecias dos catro "Troianos Redivivos" (Lobariñas, de Vilanova de Cerveira e Lisardo Leira Pazó de Ferrol, que vivián na pensión da rúa Troia 12, 3º; Príncipe de Ourense e Alberte Comesaña de Vigo, aos que se une o estudiante santiagués Luis Alvite, o Brétemas) e dos acontecementos acaecidos na Universidade Compostelana durante dous cursos académicos, que coinciden co levantamento nacionalista de Hungría en 1956. No ventre do silencio, reconstrúe a memoria dunha época dominada polo escurantismo, o cheiro a incenso e o fanatismo político. Parodia e superación do xénero da estudiantina, é tamén unha novela de iniciación, de aprendizaxe nun tempo de silencio. Alén de mostrar os distintos estamentos sociais: universidade, igrexa, rancia aristocracia, clase media ilustrada, estrato popular -leiteiras, costureiras, criados, prostitutas- ou a canalla fascista, No ventre do silencio refire a conformación dun novo pensamento nacionalista incardinado na tradición europea de J.P. Sartre, e afastado da orientación que ata daquela monopolizaba o galeguismo. No ventre do silencio é unha novela sen concesións, rebordante de imaxes, sons e aromas. A extraordinaria riqueza das descricións, a evocación da atmosfera da época, a creación lucidísima de imaxes, as homenaxes literarias do autor (Dámaso Alonso, Torrente Ballester, M. Proust), a extensa galería de personaxes, o manexo de diversas técnicas narrativas, o dominio dunha linguaxe prodixiosa, fan de No ventre do silencio un dos cumes da narrativa contemporánea. Unha novela coral que pecha o século.

  • Colección

    Narrativa

  • Código

    1331150

  • I.S.B.N.

    978-84-8302-369-3

  • Publicación

    30/04/1999

  • Clasificación IBIC

    FA

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    192

  • Tamaño

    22 x 14.5 cm

  • Colección

  • Código

  • I.S.B.N.

  • Publicación

    01/01/1970

  • Clasificación IBIC

  • Formato

Libros de X. L. Méndez Ferrín

Xerais Clásicos

Antón e os inocentes

Antón e os inocentes

Biblioteca das letras galegas

Con pólvora e magnolias

Con pólvora e magnolias

Narrativa

Percival e outras historias

Percival e outras historias

Sobre a colección Narrativa