Gañadora da XXIV edición do Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta, o xurado salientou de Non o saben as estrelas «a súa orixinalidade temática e o carácter innovador dun texto de lectura engaiolante e capacidade envolvente».
Antonio escribe bañado en lágrimas nun xélido garaxe da cidade de Lisboa. Carla fala da morte de Giuseppe Verdi, de corazóns detidos no medio da noite e do coro dos escravos de Nabucco a agromar entre a néboa. Nunha nota de despedida, Natsuki escribe na parede sobre rumores de pasos e a desaparición da neve. Castro quere coñecer a terra dos seus devanceiros e a noite antes de partir un irlandés canta onda unha fiestra cos ollos incendiados. Vidas que se adhiren á conciencia conformando unha familia de voces que poboan o día a día dun hostal de cuartos compartidos no centro da cidade onde o ronsel das súas presenzas desaparecerá, empurrado polo incesante ir e vir doutros viaxeiros.
Gañadora da XXIV edición do Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta, o xurado salientou de Non o saben as estrelas «a súa orixinalidade temática e o carácter innovador dun texto de lectura engaiolante e capacidade envolvente».
Colección
Narrativa
Código
1331432
I.S.B.N.
978-84-9121-429-8
Publicación
13/09/2018
Clasificación IBIC
FA
Formato
Papel
Páxinas
96
Tamaño
22.5 x 15 cm
Colección
Narrativa
Código
1378287
I.S.B.N.
978-84-9121-432-8
Publicación
13/09/2018
Clasificación IBIC
FA
Formato
ePub
Autor/a
Diego Alfonsín
Diego Alfonsín Rivero (Tui, 1980) é licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo. Entre 2008 e 2016 viviu en Alemaña, onde foi lector de galego e de español nas universidades de Heidelberg, Mannheim e Aquisgrán. Actualmente traballa no ensino secundario como profesor de lingua e literatura españolas. Como narrador publicou a novela Lenta demolición (2015), Premio Miguel de Unamuno 2015; Heidelberg y otros relatos (2018) e Non o saben as estrelas (Xerais 2018), Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta.