Recén chegados

Doce voz de Megafonía

Doce voz de Megafonía

Doce voz de Megafonía

Xesús Constela

Ata que a morte nos separe

Ata que a morte nos separe

Ata que a morte nos separe

Elena Gallego Abad

O bosque das antas

Autor/a : F. X. Fernández Naval

De entre todas as cidades galegas é Ourense aquela que foi máis intensamente 1iteraturizada. Desde A1varez de Nóvoa, desde Herac1io Pérez Placer, desde Va1entín Lamas Carvajal, a cidade das Burgas transita a Blanco Amor, a Carlos Casares, a Martínez Oca, a Manuel Guede cun vigor e cun protagonismo sorprendentes.

Partilla este libro

Sinopse

De entre todas as cidades galegas é Ourense aquela que foi máis intensamente 1iteraturizada. Desde A1varez de Nóvoa, desde Herac1io Pérez Placer, desde Va1entín Lamas Carvajal, a cidade das Burgas transita a Blanco Amor, a Carlos Casares, a Martínez Oca, a Manuel Guede cun vigor e cun protagonismo sorprendentes. Agora é, con "O Bosque das Antas", F.X. Fernández Naval que aporta a súa sensibilidade á tarefa colectiva de edificar un Ourense de letras, como outros escritores de outras terras fixeran con París, con Nova York, con Buenos Aires, con Leningrado. Este será un Ourense aberto a Oira (o paraiso), ao campo, ao mundo. E ao mesmo tempo, Fernández Naval incide nun tema recurrente e cada vez máis solicitado da nosa narrativa contemporánea: o dos sucesos posteriores á sublevación de 1936. Ourense e fascismo ligan "O bosque das antas" con outros textos moi diversos e atravesados de reminiscencias por veces contrapostas. E é, xustamente, neste encontro de ecoares, onde a voz do novo autor se ergue con acentos propios. Dono do seu relato, Fernández Naval non permite que os eventos se lle alporicen. Controla, domina as causas; refrea as tentacións, sempre treizoeiras, da fantasía gratuita; é señor do seu discurso. Con palabras simples e claras sabe relatar un feixe de acontecementos, e lograr que nos interesen, e que prendamos neles. Obsérvase unha certa ascese que fai o lirismo comprimido, a nostalxia concentrada eficazmente no final da novela, as palabras todas máis duras do que estarían ordeadas en outros contextos algodonosos. Asimesmo, esta novela ten o acerto de ter moitos elementos novelescos, e sobranceando a todos a figura de Pierre Francesco, que figurará na galería dos nosos mellores personaxes de ficción.

  • Colección

    Narrativa

  • Código

    1331036

  • I.S.B.N.

    978-84-9782-273-2

  • Publicación

    05/07/2005

  • Clasificación IBIC

    FA

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    152

  • Tamaño

    22.1 x 14.6 cm

  • Colección

    Narrativa

  • Código

    1378149

  • I.S.B.N.

    978-84-9914-614-0

  • Publicación

    02/12/2013

  • Clasificación IBIC

    FA

  • Formato

    ePub

Sobre a colección Narrativa