Nemesio Castro, o investigador que colabora de forma ocasional coa Secretaría de Estado do Goberno da raína Isabel II, regresa do Brasil, onde como home de negocios acadara unha posición de prestixio, para desenredar un nobelo de espionaxe política no Norte de África.
Partilla este libro
Sinopse
Nemesio Castro, o investigador que colabora de forma ocasional coa Secretaría de Estado do Goberno da raína Isabel II, regresa do Brasil, onde como home de negocios acadara unha posición de prestixio, para desenredar un nobelo de espionaxe política no Norte de África. No polo oposto da roda da fortuna, Clemente da Silva, outro emigrante galego no Brasil, é interrogado pola policía con motivo da desaparición de Agostinho, o fillo mulato da súa dona, acusado da morte de Cipriano Monteiro, un poderoso facendeiro do Val do Paraíba. Os fíos das vidas de ambos dous veciños das Terras dos Mixtos cruzaranse en Lisboa, despois de pasar por A Valeta e Barcelona, e permitirán desvelar a misteriosa desaparición do mozo e abortar o crime político preparado polo Piquete Brasileiro Antiabolicionista oposto as reformas previstas polo goberno do emperador do Pedro II, presidido por Zacarias de Góis e Vasconcelos.
Tras O lume de Santo Antón e Menino morreu, as dúas primeiras novelas protagonizadas por Nemesio Castro, O grito do Ipiranga, demostra a intelixencia e minuciosidade investigadora deste predetective decimonónico para desenredar as máis complexas intrigas e crimes políticos. Sen dúbida, esta é a novela máis lograda e de lectura máis engaiolante dunha serie considerada como a máis orixinal da nosa narrativa policial.
Colección
Narrativa
Código
1331287
I.S.B.N.
978-84-9914-119-0
Publicación
15/04/2010
Clasificación IBIC
FF
Formato
Papel
Páxinas
136
Tamaño
22 x 14.5 cm
Colección
Narrativa
Código
1378247
I.S.B.N.
978-84-9121-169-3
Publicación
27/01/2017
Clasificación IBIC
FF
Formato
ePub
Autor
Luís Manuel García Mañá
LUÍS MANUEL GARCÍA MAÑÁ (Ourense, 1950), licenciado en Dereito, exerceu a responsabilidade de Comisario Principal, Xefe Superior de Policía de Galicia. Académico correspondente da Real Academia Galega, membro numerario do Instituto de Estudios Vigueses, da Fundación Premios da Crítica Galicia, do Padroado da Fundación Otero Perayo, do PEN Club de Galicia, fillo adoptivo de Calvos de Randín, a súa produción editorial como ensaísta tense centrado en temas relacionados coa Historia e o Dereito: "De los corregidores a los gobernadores civiles de Ourense" (1986), "La frontera hispano-lusa en la provincia de Ourense" (1988), "Miño: ¿Existiu unha fronteira?" (1993), "As primeiras boticas de Vigo e a arte do oficio" (1998). Quizais a súa contribución máis salientable á historiografía galega sexa o rescate da institución do Couto Mixto, pequena república que existiu entre Galicia e Tras-os-Montes ata o tratado de Lisboa de 1864, recollida no seu libro "Couto Mixto, unha república esquecida" (Xerais 2005). Como narrador, é autor das seguintes novelas: "As plumas do moucho" (1999); "O lume de Santo Antón" (Xerais, 1997), traducida ao castelán por Alianza editorial (2002); "Menino morreu" (Xerais, 2003), "O grito do Ipiranga (Xerais 2010), pertencentes á serie da que é protagonista o investigador decimonónico Nemesio Castro; "Por que as sombras non teñen ollos" (Xerais 2015) e "Non fales o que non debes" (Xerais, 2020).