Recén chegados

Retorno

Retorno

Retorno

María Reimóndez

Sonora

Sonora

Sonora

Chus Pato

O negociador

Autor/a : Miguel Sande

As negociacións do secuestro máis longo cometido por ETA no Estado español narradas a través dun testemuño excepcional. Finalista do Premio Xerais de Novela 2021.

Partilla este libro

Sinopse

Un feito histórico, o secuestro máis longo cometido por ETA no Estado español, é o punto de partida desta novela. As negociacións, que se desenvolven en Alxer, son narradas a través do excepcional testemuño do home que participou naqueles encontros pola liberación. As lembranzas e as sensacións dese momento enchen todo o relato. As vidas das persoas implicadas no proceso de acordo, tamén da parte de ETA, convértense nun complexo labirinto con diferentes saídas e historias colaterais que afectan incluso a xeracións posteriores. En «O negociador», finalista do Premio Xerais de Novela 2021, técese unha proposta documentada e suxestiva na que se entrelazan emocións intensas e contextos políticos que intentan explicar as consecuencias persoais daquel acontecemento. Un reto narrativo de altura que non deixa de sorprender ata o final.

  • Colección

    Narrativa

  • Código

    1331494

  • I.S.B.N.

    978-84-1110-111-0

  • Publicación

    12/05/2022

  • Clasificación IBIC

    FA

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    152

  • Tamaño

    23 x 15.5 cm

  • Colección

    Narrativa

  • Código

    1378354

  • I.S.B.N.

    978-84-1110-116-5

  • Publicación

    12/05/2022

  • Clasificación IBIC

    FA

  • Formato

    ePub

Sobre a colección Narrativa