Os santos nunca dormen
Un médico psiquiatra, o doutor E. Laconte, publica o diario deixado por un dos seus pacientes, Jeremías, un restaurador de imaxes de santos. Unhas páxinas dactilografadas nas que este restaurador de reliquias, un home extremadamente sensible, que podía sentir e ver cousas que polo xeral permanecen invisibles para os demais, relatan a súa «vivencia atlántica», os acontecementos nos que se viu mergullado cando foi chamado a avaliar o estado no que se atopan os santos da ermida dunha vila mariñeira, cuxo nome descoñecemos, mais da que sabemos que fora famosa pola caza de baleas.