
Sentinela, alerta!
Un aprendiz prepara, sen sabelo, o seu propio cadaleito na carpintería da prisión, onde os ebanistas se afanan en tallar os mobles para o Dobre, o director do centro, aquel ser cruel e odiado por todos.
Un aprendiz prepara, sen sabelo, o seu propio cadaleito na carpintería da prisión, onde os ebanistas se afanan en tallar os mobles para o Dobre, o director do centro, aquel ser cruel e odiado por todos.
Un aprendiz prepara, sen sabelo, o seu propio cadaleito na carpintería da prisión, onde os ebanistas se afanan en tallar os mobles para o Dobre, o director do centro, aquel ser cruel e odiado por todos. Unha militante comunista emprende unha desesperada folga de fame. Un preso relata oufano como matou a súa muller porque ela se lle repuxo. Unha muller maltratada decide tramitar o divorcio e convértese nunha fuguista de incerto destino. Homes e mulleres coa existencia trabada, seres recluídos por barrotes verticais e horizontais, vítimas do fanatismo que levan a celosía incrustada nos ollos. Nesta edición actualizada e ampliada, Sentinela, alerta! recolle once textos nos que se aborda o lado máis escuro da condición humana: o exercicio da tortura e os malos tratos inflixidos sobre as mulleres e os máis débiles. O espazo da prisión nos tempos da ditadura unifica unha atmosfera desacougante onde a violencia, a crueldade, a corrupción, a desolación, devoran a dignidade dos seres humanos.
Colección
Narrativa
Código
1331976
I.S.B.N.
978-84-9914-831-1
Publicación
03/09/2015
Clasificación IBIC
FA
Formato
Papel
Páxinas
128
Tamaño
22.5 x 15 cm
Colección
Narrativa
Código
1378223
I.S.B.N.
978-84-9121-011-5
Publicación
11/04/2016
Clasificación IBIC
FA
Formato
ePub