Recén chegados

Retorno

Retorno

Retorno

María Reimóndez

Sonora

Sonora

Sonora

Chus Pato

Tonas de laranxa

Autor/a : María Lorenzo Miguéns, Manuel Lorenzo Baleirón

"Tonas de laranxa", a novela gañadora do Premio Xerais 2012, é, segundo os membros do xurado, un «acto de amor á lingua, arrecendente, profundo, vivo, diverso e capaz de espertar a fame do lector ou lectora».

Partilla este libro

Sinopse

"Tonas de laranxa", a novela gañadora do Premio Xerais 2012, é, segundo os membros do xurado, un «acto de amor á lingua, arrecendente, profundo, vivo, diverso e capaz de espertar a fame do lector ou lectora». Construíndo un espazo imaxinario e marabilloso, a novela, escrita a dúas mans por María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón, filla e pai, narra o que sucede nese espazo, chamado Moreira, no que se van tecendo as vidas, por veces insólitas, de moitos personaxes curiosos, fabulosos, entrañables, que se acomodan na imaxinación dos lectores e lectoras e estimulan os nosos sentidos para crear unha atmosfera intemporal, sutil e poderosa ao tempo. A través de Uxío Oliveira, da súa cativadora avoa Aurora dos Santos, do inmigrante Amir Alfarat e da súa filla Oriana, do misteriosamente desaparecido Amaro e da curiosa peixeira Sofía Costa, e de tantos outros personaxes, os autores constrúen unha fabulación extraordinaria, que debulla os pequenos feitos que suceden na vila de Moreira. "Tonas de laranxa" bota man dunha linguaxe enormemente rica e fluída, evocadora. O resultado é unha novela de engaiolante beleza e musicalidade. O tratamento do tempo e a importancia dos reloxos dota a novela, paradoxalmente, dunha estraña e doce sensación de atemporalidade, empuxando á pracidez, á beleza e ao preciosismo.

  • Colección

    Narrativa

  • Código

    1331328

  • I.S.B.N.

    978-84-9914-439-9

  • Publicación

    20/09/2012

  • Clasificación IBIC

    FA

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    168

  • Tamaño

    23 x 15.5 cm

  • Colección

    Narrativa

  • Código

    1378121

  • I.S.B.N.

    978-84-9914-455-9

  • Publicación

    20/09/2012

  • Clasificación IBIC

    FA

  • Formato

    ePub

Sobre a colección Narrativa