Recén chegados

Retorno

Retorno

Retorno

María Reimóndez

Sonora

Sonora

Sonora

Chus Pato

Viva a Comuna!

Autor/a : Carlos Meixide

Unha novela vibrante sobre a condición humana, sobre a fraternidade e o compromiso, sobre a xustiza e o medo, sobre a ilusión e o fracaso.

Partilla este libro

Sinopse

«Viva a Comuna!» é a crónica novelada dos sucesos que rodearon a proclamación e a derrota da Comuna de París na primavera de 1871. É a historia dunha revolución, o relato da toma do poder por parte das clases populares dunha cidade que naquela altura era o epicentro da modernidade. Novela de longo alento, ambiciosa e emocionante, nas súas páxinas cobran vida personaxes irrepetibles como Louise Michel, Eugène Varlin, Jules Vallès, Henri Rochefort, Nathalie Lemel ou Gustave Courbet, protagonistas dun tempo de esperanza que recorda na súa orixe e no seu destino tempos históricos máis recentes. Cun estilo envolvente e preciso, capaz de combinar o rigor histórico e a pulsión narrativa, Carlos Meixide recrea o ambiente dos distintos escenarios: clubs, tabernas, redaccións de xornais, barricadas... en que tivo lugar o primeiro gran combate entre o capitalismo e a clase traballadora. Unha novela vibrante sobre a condición humana, sobre a fraternidade e o compromiso, sobre a xustiza e o medo, sobre a ilusión e o fracaso.

  • Colección

    Narrativa

  • Código

    1331506

  • I.S.B.N.

    978-84-1110-292-6

  • Publicación

    16/03/2023

  • Clasificación IBIC

    FV

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    600

  • Tamaño

    23 x 15.5 cm

  • Colección

    Narrativa

  • Código

    1378371

  • I.S.B.N.

    978-84-1110-301-5

  • Publicación

    16/03/2023

  • Clasificación IBIC

    FV

  • Formato

    ePub

Sobre a colección Narrativa