O pan galego non dá para un libro, dá para unha enciclopedia. De aí que, se cadra, ata agora non se fixese ningún. Ningún coma este, claro. Con carácter enciclopédico e eterno. E que reúne as receitas, técnicas e os pans (e a bolaría e as empanadas) máis emblemáticos de Galicia.
Partilla este libro
Sinopse
Os galegos efectivamente somos en ocasións reservados, humildes e non moi dados a presumir de nada. Ata que toca falar de pan. Aí non hai reservas nin miramentos. Os galegos non temos problemas en dividir o pan en dúas categorías: o que é pan e o que non. Entre o segundo grupo atópase todo aquel pan que non sexa galego. «Iso non é pan nin é nada» é unha frase que calquera galego pode dicir ante un pan que non é galego. E é que a memoria gustativa dos nosos antepasados permitiu que hoxe en día en Galicia se atopen, para min, os mellores pans e a mellor bolaría do mundo. Lembro perfectamente o día que lle comentei a alguén que ía facer un libro sobre o pan galego.
-Ah, pero o pan galego dá para un libro?
Sorrín de orella a orella e non dixen nin si nin non.
-Non o sabes ben.
O pan galego non dá para un libro, dá para unha enciclopedia. De aí que, se cadra, ata agora non se fixese ningún. Ningún coma este, claro. Con carácter enciclopédico e eterno. E que reúne as receitas, técnicas e os pans (e a bolaría e as empanadas) máis emblemáticos de Galicia. Porque o pan galego non é un, son moitos. O pan galego é un territorio inabarcable, inmenso. E se non me cres, abre o libro porque cho vou demostrar.
Colección
TURISMO, GASTRONOMÍA E NATUREZA
Código
1364025
I.S.B.N.
978-84-1110-502-6
Publicación
07/03/2024
Clasificación IBIC
WBB
Formato
Papel
Páxinas
256
Tamaño
23 x 20 cm
Colección
TURISMO, GASTRONOMÍA E NATUREZA
Código
1376111
I.S.B.N.
978-84-1110-509-5
Publicación
07/03/2024
Clasificación IBIC
WBB
Formato
ePub
Autor/a
Edu Lavandeira
Edu Lavandeira (Vigo, 1981) é director e creativo audiovisual con numerosos documentais e programas de entretemento no seu currículo.
A súa carreira sempre estivo relacionada cos medios de comunicación e o entretemento audiovisual.
Apaixonado da gastronomía, especialmente dos pans, das masas e das pizzas, creou a primeira serie documental dedicada a este ancestral alimento: «Maestros del Pan» (Canal Cocina). Ademais, acumula case un millón e medio de seguidores en Instagram e Tik Tok, onde triunfan os seus virais vídeos de elaboracións.
É autor do libro "Pan galego" (Xerais, 2024).