Recén chegados

Retorno

Retorno

Retorno

María Reimóndez

Sonora

Sonora

Sonora

Chus Pato

books
Temática
formato
IDADE

Número de libros encontrados: 19

Cinco pseudocomedias

JOSE PRIETO

«Cinco pseudocomedias» contén cinco dos meus textos preferidos. Todos eles están emparentados polo humor, pero en cada un a comedia mestúrase con outros xéneros para transitar por camiños diferentes...

Nin me amoles

Ana Carreira

Lola é unha nena que sofre os abusos do seu compañeiro Mamalón, aguanta as impertinencias da súa veciña Meticona e resígnase á ausencia da súa mai, que nunca pode xogar con ela...

O traxe

José Fernando Castro Paredes

Un home sae do hospital despois de varias operacións e padecementos. Está moi enfermo. Regresa á súa casa para pasar o tempo que lle queda entre os seus...

Unha rosa é unha rosa

Suso De Toro

"Unha rosa é unha rosa (Unha comedia de medo)" é unha traxicomedia onde non falta nin o humor, nin a aceda crítica á sociedade contemporánea. A vella Rosa reparte a súa herdanza en tres partes, entre os seus dous sobriños, Pololo e Adela, e a filla doutra sobriña xa morta...

As desterradas

Carme Varela

Ao mosteiro de Albeos, situado entre as fortalezas de Melgaço en Portugal e a de Fornelos en Galicia, chega unha carta da raíña Xoana de Castela. A pequena comunidade de monxas vese sacudida por unha sentenza que, ao parecer, é xa inapelable e, escena a escena, vaise descubrindo a traxedia que estas monxas están a vivir...

Ás oito da tarde, cando morren as nais

AveLina Pérez

«Ás oito da tarde, cando morren as nais», peza teatral de AveLina Pérez, achéganos un canto coral sustentado no absoluto baleiro, explotando as posibilidades do xogo escénico desde unha concepción aberta do espazo e cunha ollada irónica sobre a relación entre o teatro e a súa recepción...

Suite Artabria

Manuel Lourenzo

Suite Artabria, de Manuel Lourenzo é un conxunto de tres pezas («Orzán», «O fulgor das atochas» e «Alerta na rúa do Pozo») con elementos comúns, concibidas, segundo o xurado, «como un roteiro por algúns dos espazos máis representativos da Coruña»: o Orzán, as Atochas e a Falperra...

Raclette

Santiago Cortegoso Calvar

Raclette, de Santiago Cortegoso, gañadora do XXII Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais, é unha obra que mestura a comedia co dramatismo, abordando temas universais desde a perspectiva da sociedade actual...

Autor/a da semana

A cegueira

Marcos Abalde Covelo

A cegueira é unha reflexión sobre a banalidade do mal. Os seus personaxes participan nunha cerimonia do horror. Ninguén pode fuxir desta eucaristía...

Isóbaras

Gustavo Pernas Cora

Nunha cidade baixo cero, oito personaxes que transitan pola rúa escapan da súa rutina e aparcan os seus problemas para deixarse engaiolar por unha raiola de sol...

Os reloxos preguiceiros de Néboa

Xavier Lama

Na cidade de Néboa vívese unha aparente rebelión de todos os reloxos, que deixan de contar o tempo. A alcaldesa Sabela Depresa e centos dos seus concidadáns teñen pesadelos cos reloxos, con moreas de reloxos que se lles aparecen nas noites invernais, mentres dormen, reivindicando a súa galbana ou a súa rebeldía...

Chegamos despois a unha terra gris

Raúl Dans

Raúl Dans fai un retrato desapiadado dun núcleo familiar en descomposición, en cuxo centro está Helena, esposa e nai, presa da insatisfacción e a amargura, ante o reto de afrontar unha batalla contra o destino mentres todo o seu universo se derruba...

Flores de Dunsinane

Manuel Lourenzo

Flores de Dunsinane, Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais 2009, é unha fermosa peza sobre a conciencia humana inspirada nun clásico: o Macbeth de Shakespeare...

Delimvois

Rubén Ruibal

Delimvois (ou dlmvs) é a muralla científica que protexe e rodea unha das cidades do Estado Único. A partir dun texto de Jacobo Paz, «Estado Único», baseado no «Nós» de Yevgueni Zamiatin, Delimvois de Rubén Ruibal quere explorar os límites mentais, os marcos ideolóxicos, as fronteiras de palabras e pensamento nas que dous homes coa memoria borrada e unha aparente muller, científica eminente que experimenta con eles, descobren a súa carne, a súa identidade e mesmo a súa ledicia...

Pingueiras e tarteiras

Teresa González Costa

No Castelo Grisallo todo é gris: desde o maimiño da raíña Otilia ata a súa cunca de porcelana inglesa. E tamén chove moito. A Súa Maxestade xa está cansa de colocar tarteiras debaixo das pingueiras...

Sempre quixen bailar un tango

Teresa González Costa

Manuel acolle a nova da súa morte, e de maneira serena considera as cousas que nunca vai poder facer, as palabras que non vai aprender, o tango que quedou sen bailar...