Recén chegados

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Alba De Evan

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Ledicia Costas

books
Temática
formato
IDADE

Número de libros encontrados: 10

Vinte mil leguas baixo dos mares

Jules Verne

O profesor de Historia Natural Pierre Aronnax, o seu axudante Conseil e o experto arpoador canadense Ned Land embarcan nunha viaxe fantástica, a bordo da fragata Abraham Lincoln, na procura dun misterioso monstro mariño...

A illa misteriosa

Jules Verne

En A illa misteriosa Jules Verne aborda o tema da illa como espazo da aventura por excelencia, tan presente no seu universo literario, e afonda no diálogo que o ser humano illado mantén coa natureza...

Sherlock Holmes, detective

Arthur Conan Doyle

Sherlock Holmes, detective reúne cinco relatos protagonizados polo agudo detective de Baker Street e o seu amigo, o doutor Watson. Neles, Conan Doyle condensa o xénero detectivesco en estado puro, presentando unha incógnita en termos sempre interesantes e mantendo a tensión narrativa mediante unha atinada dose de acción e sorpresa, salferida arreo dun irónico e requintado humor británico...

Relatos de terror

H. P. Lovecraft

Relatos de terror reúne oito contos de Lovecraft ("A tumba", "Do máis alá", "Herbert West, reanimador", "O can", "A ceremonia", "El", "A besta da cova" e "O alquimista") que amosan como este xenial autor foi o inventor dun novo xénero, o conto materialista de terror, no que utiliza os símbolos que se manteñen no inconsciente das persoas para espertar eses terrores ancestrais que xacen dentro do noso cerebro...

A illa do tesouro

Robert Louis Stevenson

Un mociño inglés do século XVIII vive e conta neste libro, clásico no seu xénero, unha aventura extraordinaria. Mesturados el e mais os seus amigos cunha grea de bucaneiros disfrazados de xente de ben, e norteados polo mapa que tirara o rapaz do cofre dun pirata finado na cativa pensión familiar, bótanse ao mar tras o engado do fabuloso tesouro soterrado por unha banda dos autodenominados cabaleiros de fortuna naquela afastada illa descrita no mapa...

A chamada da selva

Jack London

No outono de 1894 o descubrimento de ouro en Klondike levou ata as rexións xeadas de Alaska a homes de todas as partes do mundo. A chamada da selva é a historia destes homes, desta epopea vivida no espello da aventura dun can, Buck, que tras catro anos de cómodo vagar na granxa do xuíz Miller, preto de San Francisco, ten que comezar unha vida rexida pola lei do vergallo e da loita pola existencia para, ao cabo, sentir a chamada do atávico, o achegamento ao lobo, o seu irmán salvaxe, que ha cantar co seu ouveo a canción do mundo primitivo...

O bosque animado

Wenceslao Fernández Flórez

O bosque animado é o gran libro da Fraga de Cecebre, situada no concello de Cambre, preto da Coruña. Nestas páxinas vibrantes, Fernández Flórez narra as historias pequenas dos habitantes da fraga: Fendetestas, Xeraldo, Hermelinda, Pilara, Marica etc...

A volta ao mundo en 80 días

Jules Verne

Phileas Fogg, un frío gentleman inglés, acompañado de Passepartout, enfróntase coa aposta de que será capaz de dar a volta ao mundo en 80 días. Para demostralo, Fogg xoga 20...

Autor/a da semana

O can dos Baskerville

Arthur Conan Doyle

O can dos Baskerville é unha nova aventura de Sherlock Holmes na que o enigma, o elemento central da historia, presenta características realmente interesantes, porque ao feito criminal vén sumárselle unha maldición, unha lenda familiar, que envolve todo nun ambiente misterioso e fantástico...

Alicia no país das marabillas

Lewis Carroll

A nena Alicia, caendo polo tobo dun coello vai dar a unha sala soterraña onde medra e encolle segundo consome beberaxes e doces máxicos, nada entremedias de animais extravagantes nunha pucharca formada coas súas propias bágoas, entra nun xardín encantado no que estraños personaxes manteñen con ela absurdos razoamentos envolveitos na máis rigorosa lóxica aparente, e logo esperta...