
Vinte mil leguas baixo dos mares
Unha obra mestra que segue a fascinar cento cincuenta anos despois da súa primeira aparición.
Unha obra mestra que segue a fascinar cento cincuenta anos despois da súa primeira aparición.
O profesor de Historia Natural Pierre Aronnax, o seu axudante Conseil e o experto arpoador canadense Ned Land embarcan nunha viaxe fantástica, a bordo da fragata Abraham Lincoln, na procura dun misterioso monstro mariño. Este resulta ser un submarino, o Nautilus, que chega a visitar a ría de Vigo ao mando do capitán Nemo: un sabio desenganado da raza humana que se move guiado por un deses motivos tan característicos da novela de aventuras: a busca da xustiza implacable, non exenta de vinganza. Di Ledicia Costas no prólogo da presente edición: «"Vinte mil leguas baixo dos mares" é unha epopea mariña. Unha viaxe ás entrañas do océano onde Verne, como o gran divulgador científico que era, fai o que mellor sabe: escribir unha novela de aventuras onde mestura a ciencia, o progreso e a fantasía». Unha obra mestra que segue a fascinar cento cincuenta anos despois da súa primeira aparición.
Colección
XABARÍN
Código
1325515
I.S.B.N.
978-84-9121-587-5
Publicación
10/10/2019
Clasificación IBIC
YFA
Formato
Papel
Páxinas
448
Tamaño
24 x 17 cm