Número de libros encontrados: 19
Dúas bágoas por Máquina
Cando Xusta fixo seis anos, recibiu da súa familia un agasallo moi especial: un can, ao que lle puxeron o nome de Máquina. Desde aquel día, Xusta e Máquina foron dous amigos inseparables...
A Muller Xabaril
Ninguén sabía os motivos polos que unha moza de refinado encanto e elevada altura, tanto física coma intelectual, se fora convertendo nun repulsivo esperpento, nun animal...
O xenio da Cidade do Sal
«Se che contan que estou tolo, que me divirte moito falar de porcalladas escatolóxicas, ou se che din que me pega a risa por calquera parvada, non lles fagas caso, caca podre! Simplemente, son un xenio...
E ti que farías por min?
Malta e Marqués viven na rúa. Cada vez cústalles máis atopar comida e teñen que buscar no vertedoiro. Marqués non se atreve a merterse no lixo, pero faille promesas a Malta: Se fose bolboreta regalaríache...
A furgoneta branca
Cada mañá a mesma cantilena. Pedro pega o seu nariz á ventá mentres agarda pola chegada da furgoneta branca. Nela, un home leva todos os días o alimento para o cabalo novo que tamén espera impaciente na veiga de en fronte...
Historia da bicicleta dun home lagarto
Esta é a historia de Mundo, un neno que superou o ataque dos lobos ao seu rabaño, pedaleou nunha bicicleta de celador de telefonía, rubiu aos postes máis altos coma un lagarto...
Asústate, Merche!
Esta historia iníciase cando, a través dunha nota necrolóxica nun xornal, Auria descobre unha terrible e misteriosa razón que a empuxa ó suicidio...
Un saco de estrelas
Cada atardecida do mes de maio, antes de que o sol comezase a preparar a súa cama laranxa no leito das montañas, aquela muller pasaba entre as burlas dos nenos e das nenas cara ás leiras de Sobredorrío...
Mutacións xenéticas
Hadrián vai realizar o seu bautismo de voo. Pensa que as primeiras vacacións que pasará fóra do seu país serán as máis aburridas da súa vida porque convivirá cun estraño ser, ó que nin sequera coñece...
A Pomba e o Degolado
A André foron demasiadas cousas ás que non lle sentaron ben nos tres anos que leva no instituto, onde nin sequera podía refuxiarse no aseo para coller alento...
A lagoa das nenas mudas
Amina vaise vivir a un lugar remoto do que descoñece ata o idioma. Un día chega ao seu novo colexio e decátase de que todas as nenas visten coma ela, peitéanse coma ela...
Repostería en Galicia
¿A quen lle amarga un doce? Iso é o que Mariano García e Fina Casalderrey se preguntan no limiar de Repostería en Galicia, un libro clásico na literatura gastronómica galega, revisado e actualizado nesta nova edición que ofrece a colección Xerais Gastronomía...
O libro da empanada
A empanada é un símbolo da mellor cociña de Galicia. É, abofé, un signo de identidade. Xenerosa, saborosa e farturenta, pola empanada identifícannos como galegos de aquí á fin do mundo...
Quen me quere adoptar?
Manuel, un mestre xubilado, tiña centos e centos de libros que, cando abría, convertía en bolboretas. A súa filla era médica e marchara a África a traballar e a súa compañeira morrera...
Lúas de nácara
O xardineiro Cosme traballa so as lúas de nácara, cando as sombras cobran luz e os amantes soñan con ser camelias e florecer mesmo no inverno. Henrique Bouzas, un emigrante retornado, acode a unha cita nos xardíns do sur para pagar a débeda que o seu avó mantiña cun dos seus familiares...