Recén chegados

Doce voz de Megafonía

Doce voz de Megafonía

Doce voz de Megafonía

Xesús Constela

Ata que a morte nos separe

Ata que a morte nos separe

Ata que a morte nos separe

Elena Gallego Abad

Repostería en Galicia

Autor/a : Fina Casalderrey, Mariano García

¿A quen lle amarga un doce? Iso é o que Mariano García e Fina Casalderrey se preguntan no limiar de Repostería en Galicia, un libro clásico na literatura gastronómica galega, revisado e actualizado nesta nova edición que ofrece a colección Xerais Gastronomía.

Partilla este libro

Sinopse

¿A quen lle amarga un doce? Iso é o que Mariano García e Fina Casalderrey se preguntan no limiar de Repostería en Galicia, un libro clásico na literatura gastronómica galega, revisado e actualizado nesta nova edición que ofrece a colección Xerais Gastronomía. Desde os doces sinxelos que se poden facer na casa, sen precisar experiencia na cociña, aos de maior complexidade na súa elaboración, e desde os sabores de longa tradición aos máis innovadores, toda a repostería do país se dá cita nestas páxinas. Logo dun minucioso traballo de investigación, que levou os autores a percorrer física e bibliograficamente Galicia, aquí está o resultado; un libro esencialmente práctico que se divide en catro partes: unha historia da repostería en Galicia; trucos e advertencias; cremas, masas e outros complementos; e un impresionante inventario de 219 receitas, acompañadas dun pequeno comentario sobre a orixe, evolución e características do prato. As rosquillas, as deliciosas canas fritas, o clásico roscón, os melindres, a gorentosa bica, as natillas, os biscoitos, as chulas, os amendoados, a marmelada, a torta de chicharróns, as orellas, o arroz con leite, o queixo de tetilla, o flan de ovo, as papas de millo...

  • Colección

    Gastronomía

  • Código

    1364017

  • I.S.B.N.

    978-84-9782-419-4

  • Publicación

    16/02/2006

  • Clasificación IBIC

    WBVQ

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    360

  • Tamaño

    22.5 x 14.5 cm

Libros de Fina Casalderrey

De 11 anos en diante

Dúas bágoas por Máquina

Dúas bágoas por Máquina

Narrativa

A Muller Xabaril

A Muller Xabaril

De 10 anos en diante

O xenio da Cidade do Sal

O xenio da Cidade do Sal

Sobre a colección Gastronomía