Número de libros encontrados: 23
Bretaña, Esmeraldina
Bretaña, Esmeraldina supón un dos maiores esforzos creativos de Xosé Luís Méndez Ferrín. O protagonista, Amaury, vive nunha cadea política na que se erguen tamén os muros da cadea psicolóxica e as reixas da cadea literaria...
Obra completa de María Mariño
O presente volume, Obra completa, recolle Palabra no tempo e Verba comeza, os dous títulos que conforman a obra poética coñecida ata agora de María Mariño, precedida dun estudo biobibliográfico de Victoria Sanjurjo Fernández...
Semblanzas, crónicas e artigos
Semblanzas, crónicas e artigos é a compilación dunha parte fundamental dos artigos de prensa de Celso Emilio Ferreiro: deliciosos textos que o autor publicou no Faro de Vigo ao longo de trinta anos; unha parte baixo o epígrafe de <
Poesía galega completa
Poesía galega completa reúne toda a obra poética en galego de Celso Emilio Ferreiro, reproducida dun xeito fiel nesta coidadosa edición a cargo do crítico Ramón Nicolás, desde os primeiros versos de Cartafol de poesía ata o seu derradeiro e póstumo Libro dos Homenaxes, pasando por poemarios clásicos da nosa literatura que reafirman os logros estéticos de Celso Emilio: O soño sulagado, Longa noite de pedra, Viaxe ao País dos Ananos ou Onde o mundo se chama Celanova...
Obra narrativa de Celso Emilio Ferreiro
Obra narrativa contén os dous únicos libros de ficción en prosa que publicou Celso Emilio Ferreiro, agora reunidos nun único volume: A ftonteira infinda (1972) e A taberna do galo (1978)...
Antoloxía da lírica galego-portuguesa
Esta Antoloxía da lírica galego-portuguesa é unha obra monumental. A través dela, os lectores e lectoras galegos teñen acceso, por primeira vez desde unha edición galega, a un corpus tan amplo como xeneroso da nosa lírica medieval...