Número de libros encontrados: 21
Cameselle. Crónica fotográfica de Vigo (1975-2005)
Este libro recolle unha antoloxía do traballo fotoxornalístico realizado por Guillermo Cameselle no xornal "Faro de Vigo" de 1975 a 2005. Máis de oitocentas fotografías que constitúen una crónica social, política, cultural e deportiva da cidade de Vigo nun período tan decisivo como convulso...
Vigo, a explosión dos ´80
Saíase das catacumbas da mobilización antifranquista e entrábase na «movida». Aquela década dos '80 -da que o fotógrafo Víctor de la Heras elixiu o que el considera o epicentro, entre 1983 e 1987, para nutrir visualmente este libro- foi un período de axitación preñado de día por sucesos políticos ou económicos de envergadura mentres pola noite unha tribo de modernos mesturaba euforia creativa cun desenfreado espírito lúdico entre concerto e concerto; foron os anos en que o naval saíu á rúa pero tamén os dos estragos da droga, cuxos efectos decimaban unha xeración de vigueses, ou os da sida que se coaba nos nosos cárceres...
No país das vacas
Dende hai séculos asóciase a imaxe da vaca a Galicia, pero pouco sabemos do mundo que se desenvolve arredor deste animal. Hoxe a vaca é a columna vertebral do medio rural en Galicia...
Vigo por Magar III
Manuel García Castro «Magar» ofrece neste terceiro volume da súa serie «Vigo por Magar», iniciada en 2002, outras trescentas instantáneas, panorámicas e retratos que contribúen a enriquecer a reconstrución da historia viguesa das últimas catro décadas...
Couto Mixto
Luís Manuel García Mañá, actual Xefe Superior de Policía de Galicia, ofrece neste fermoso libro, ilustrado coas fotografías de Xurxo Lobato, a radiografía exacta e documentadísima do Couto Mixto, un territorio peculiar, situado na raia seca existente entre Galicia e Portugal, que mantivo ata 1862 unha singularidade político-administrativa, chegando a constituír un enclave independente e gozando os seus habitantes de privilexios por esta condición...