Número de libros encontrados: 344
O grito do Ipiranga
Nemesio Castro, o investigador que colabora de forma ocasional coa Secretaría de Estado do Goberno da raína Isabel II, regresa do Brasil, onde como home de negocios acadara unha posición de prestixio, para desenredar un nobelo de espionaxe política no Norte de África...
A intervención
Un pianista retirado, unha dermatóloga, o fillo desta, estudante universitario, e mais unha das súas profesoras na facultade de Historia reúnense para constituíren un comando artístico...
Settecento
O badaleo de todos os campaniles de Venecia resoa en canles e pazos da Serenísima República unha mañá do ano de 1739 e, coma nun teatro barroco, álzase o pano deste melodrama para música no que todos os personaxes semellan agochar sentimentos e intencións tras unha branca máscara de Entroido...
Xuvia-Neda
Este libro de relatos está composto dun par de ducias de achegamentos a ese terreo máxico, de puro realista, co que Vicente Araguas asegura manter unha relación carnal...
O Cabo do Mundo
«Que farías se non che quedase nada de vida?» Esta é a pregunta á que se dispón a responder un profesor diagnosticado de cancro terminal. Comeza así a súa procura do esencial da vida, unha investigación centrada en dúas teimas do pasado relacionadas co seu pai e coa muller que sempre amou...
Sete palabras
Esta nova novela de Suso de Toro tómanos da man desde o comezo e fai que, empurrados pola intriga e pola emoción da súa lectura engaiolante, acompañemos ao protagonista nunha estraña viaxe cara á orixe para desvelar as claves da identidade persoal...
Dime algo sucio
A policía de Oregón atopa unha parella de cadáveres no interior dunha nave industrial abandonada. O home negro está axeonllado no chan colocando as últimas novidades en primeira liña da manta...
Pirata
A Mark Read levoulle moito tempo atopar o seu lugar. Mais aquí está, na cuberta do Williams. Despois da guerra en Flandres, da súa infancia como criado, das súas aventuras na mariña mercante, á fin atopou a súa identidade como pirata...
Monte Louro
Unha muller casa e, tras quedar embarazada, é abandonada polo home, ao que idolatra, no tempo da proclamación da República. O fillo criase como un orfiño nun Muros de posguerra de onde tamén el vai acabar dimitindo polo tempo da súa estrea na mocidade...
Tempo de centeo
Xosé Fernández Ferreiro, que con tanto acerto narrou a traxedia dos paseos e dos fuxidos galegos, ofrécenos en Tempo de centeo outra magnífica novela sobre a posguerra...
Peaxes
Desde a súa ventá ao mundo, un caixeiro de peaxe da autoestrada bota unha ollada ás fraccións de vidas que se cruzan con el acotío. Esas instantáneas compoñen unha colaxe que lle axuda a fuxir da soidade...
Para seguir bailando
Dez magníficos relatos constitúen este novo libro de Francisco X. Fernández Naval, que abre con "Noite de pallabarro", a descuberta adolescente dunha realidade calada, silenciada, que alentaba e confundía un tempo sen memoria histórica; e que pecha con "Para seguir bailando", un relato que amosa a condición fantástica do cotián nun xogo de múltiples caras, coma o espello de Rafael Dieste, como o reflectir dos cristais do espello...
Riofero
O río marca unha dirección e abre unha viaxe. As personaxes de Riofero, a última novela de Xelís de Toro, suben río arriba: fuxidas e búsquedas. Vidas fracasadas ou aventureiras, todo serve de alimento ao espírito voraz do río...
En salvaxe compaña
Os círculos agochados da realidade emerxen como espirais de fume, en inesquecibles imaxes poéticas, pero tamén en forma de refachos de vento e chuvia, de tormentas que desvelan perturbadores segredos e vidas conmovedoras...