Número de libros encontrados: 377
Atuado na braña
Atuado na braña relata a teima de Luís Salgueiro Pardo, un empresario da construcción acomodado e triunfador na procura do seu pasado. Un segredo familiar, revelado pola súa nai, convértese na chispa que provoca a busca das súas raíces e a verdadeira identidade da súa familia biolóxica...
Teoría do caos
Paco, o alcalde de Santorén, unha vila da Costa Morte, sofre un pesadelo pola morte do cabo Agapito, a quen atoparon na corredoira do monte coa cabeza desfeita por tres disparos...
Cincuenta asasinatos breves e un prólogo
De orixe galega, Antonio Sánchez Lorenzo é autor de Fifty short murders and a prolog, a súa primeira postproducción literaria como socio director de Comunicación tres...
Narcos
O empresario vigués Mario Cendán, un pai ferido pola morte da súa filla por sobredose, encarga a Nivardo Castro -un detective madrigalego, serio, un aventureiro internacional con experiencia abonda- que fure a fondo no mundo dos narcotraficantes, un xeito de facerlles perder o sosego e a tranquilidade na que desenvolven a súa actividade...
Papaventos
En Papaventos, Xavier Queipo transpórtanos desde as douradas praias de California ó País da Brétema, pasando por Chicago, a cidade onde o protagonista coñecera o frío e a felicidade, o amor e a estabilidade emocional...
Males de cabeza
Males de cabeza, a nova obra narrativa de Fran Alonso, reflexiona sobre ese vento que sopra desde as entrañas da cultura urbana contemporánea e que nos arrastra entre as follas invisibles dunha neurose colectiva...
A man dos paíños
Unha maneira perturbadora de definir Galicia sería falar dun país productor de emigrantes e náufragos. Eles son os protagonistas de A man dos paíños, os heroes correntes dunha identidade solapada, ocultada a cotío por mor dos virus que borran a memoria...
Pensa nao
En Pensa nao Anxo Angueira recrea a biografía colectiva de Sernanselle o espacio ficcional que lle é propio. Sernanselle, aldea de Dodro Vello desde a que se enxergan as Brañas de Laíño e o río Ulla navegado por dornas e balandros, enchendo e devalando coas marés da Arousa...
Non volvas
A nova e agardada novela de Suso de Toro, despois da grande acollida de Calzados Lola, Non volvas recupera a historia dunha muller que abandona a súa vida na cidade reclamada polo seu pasado e volve ao lugar que lle está prohibido, a aldea da súa infancia onde súa nai lle pediu que non volvese...
No ventre do silencio
Ao xeito dunha nova Casa da Troia, a coñecida novela de Pérez Lugín, No ventre do silencio recupera a historia dunha xeración de universitarios composteláns, no remate dos anos 50...
Morning Star
Morning Star é unha novela de odios e amores, de sangue, crimes, tiros, coitelos, persecucións, paixóns e esperanzas, gavelas de bandoleiros do século XIX, da busca dun tesouro e de dous rapaces procurando a liberdade, dun cego que toca a gaita e o violín e fala en verso, dun can branco burgalés, dun portugués con tres pegas amestradas e un ollo coma un ovo cocido, que ten o seu tobo na Pena de Anamán, do patibulario e toco Lázaro Rivadulla, da sublevación progresista nas rúas de Pontevedra de 1846, dun pozo cun esqueleto, da aprendizaxe da vida, dunha saudade coma un furaco no que cantan os grilos e dunha afastada estrela que brilla cada día soamente para quen sabe ollala...
Círculo
Círculo é un libro continuo e pechado sobre si mesmo, como a serpe Uroboros que se morde o rabo, e que encerra o mundo terríbel e marabilloso, múltiple e repetido...
Manancial
A Historia de Manancial desenvólvese no ano 68, nun espacio propio e pechado, que podemos identificar como da América profunda, que serve a Manteiga para que os seus personaxes, todos eles moi primitivos e primarios, poidan desenvolverse con soltura e credibilidade...
A velocidade do frío
A velocidade do frío é unha novela feita sen contemplacións, que pode tanto resultarlle aborrecible ó lector nunha primeira aproximación como doada e comprensible, pero dificilmente, en ningún dos casos, vai provocar indiferencia, porque as súas voces, as voces que se van facendo cargo do relato ó longo das 296 páxinas, sexan as dos protagonistas principais en forma de monólogo interior, ou sexa a do narrador en terceira persoa omnisciente -na segunda parte da novela- resoan todas, como di o propio Seixas, dende un recanto interior, autente, visceral e, dende logo, nada frío...