Número de libros encontrados: 92
As vaidosas agonías
«As vaidosas agonías», título en que se recolle unha epígrafe de Gesualdo Bufalino, é un poemario que agroma durante a centena de días que durou o confinamento e nace da experiencia dese feito insólito e terrible que sacode o mundo...
Intempériome
«Intempériome», o derradeiro libro de poemas publicado por Xela Arias en 2003, racha, desde o propio título, as convencións lingüísticas para facer un uso libre, exploratorio e rebelde da sintaxe e da voz, examinando o territorio da existencia, do amor e da morte...
Nós nus
«Nós nus», é unha mestura de líquidos íntimos que tiran do poema coma dun becerro. Os deste libro son versos que levan o erotismo do corpo, do sacho e do alpendre no seu útero de bruxa...
Lixeiro
«Lixeiro», o terceiro libro de Ismael Ramos, é unha reflexión sobre os desencantos do presente e a procura dunha transcendencia que non chega. A precariedade, a amizade no transo á idade adulta, unha parella que se desintegra, unha irmá que medra, lebres que cruzan a estrada sen mirar, traballadores en barco, tren, autobús...
Intempériome
«Intempériome», o derradeiro libro de poemas publicado por Xela Arias en 2003, racha, desde o propio título, as convencións lingüísticas para facer un uso libre, exploratorio e rebelde da sintaxe e da voz, examinando o territorio da existencia, do amor e da morte...
Denuncia do equilibrio
«Denuncia do equilibrio», publicado en 1986 a contracorrente da poesía galega daquel momento, é un libro rabiosamente contemporáneo. Cuestiona a orde establecida, afonda con inquedanza na voz interior dunha poeta orixinal e libre e transmite, desde a propia sintaxe, o desacougo da vida cotiá, das emocións e do amor...
Alcatrán
«Alcatrán» reconstrúe unha historia calada. Sela un pacto entre xeracións. Indaga nunha lingua fesa que dá espazo ao cuco e ao andazo. Habita unha comarca que non confunde o exterminio co progreso...
Ninguén morreu de ler poesía
Ninguén morreu de ler poesía é unha instantánea do país da poesía, unha postal, unha guía de viaxes, un souvenir, un «estiven en Aldaolado e acordeime de ti»...
A guerra era contra nós
«A guerra era contra nós» é unha visión metafórica, poética e mítica da humanidade que se constrúe como un compendio de premonicións, relatos e lendas que explique o porqué, o como, o para que do pasado, presente e futuro da nosa condición humana...
A póla branca
«A póla branca», que se inicia cun espléndido limiar sobre os haikus e a súa tradición, trasládanos á capacidade creativa de Xavier Seoane ante ese xénero e ofrécenos versos enormemente actuais, sintéticos, moi ocorrentes, persoais, capaces de abraiar...
dente de leite
dente de leite é ante todo un libro nostálxico, sobre a inocencia perdida, que parte do recordo dun verán na infancia. O cotián, desde a tenrura e a lucidez dunha nena, vai amparado na figura totémica da nai, omnipresente no proceso de aprendizaxe da cativa, malia que no futuro a lembranza converte a nai nunha estraña, como case todo o que poboaba a nenez...
Onde nacen as hedras
"Onde nacen as hedras" é un libro que agroma dun derrubamento e constrúe a cartografía dunha caída, do proceso de perda e abandono. Os poemas sitúannos no lugar do oráculo que todo o ve, desde os sinais que anuncian a primeira fenda até que nos asomamos ao oco, a ruína mesma...
Órbita
"Órbita" recolle as voltas da intimidade contra o Universo, o baile que non se deixa guiar, implacable. As viraxes dunha década peneirando a luz ata o punto certo...
Fornelos & Fornelos: terceira fundación
A través dunha arquitectura sólida e un universo poético enlazado na mellor tradición literaria occidental e galega, Xerardo Quintiá ofrece en Fornelos & Fornelos: terceira fundación un poemario entendido como unha proposta aberta, non pechado en si mesmo, que se revela como o fragmento dun corpo poético concibido como Obra Única...