Número de libros encontrados: 92
Exhumación
En "Exhumación", a xuízo do xurado que lle concedeu o Premio Manuel Lueiro Rey, escóitase «o tempero dunha voz moi afinada, chea de resonancias e lecturas que o autor soubo procesar para ofrecer unha aproximación ben persoal a temas e motivos entre os que a memoria dos desfavorecidos, represaliados e desherdados resulta decisiva»...
Os fillos da fame
Sentiredes que o vento asubía nas gaiolas dos pescadores. Notaredes como os pés se vos afunden nos areais. Miraredes nais alimentando os fillos na praia...
Masculino singular
Masculino singular é un corte de sangue no medio do afeitado; unha refutación do macho alfa que destrúe os afectos e converte o terror en linguaxe dominante...
s/t
Algunhas obras quedan sen título (s/t) cando o autor non é quen de abranguer nunha única expresión todo o espírito definitivo da obra que vén de crear...
Teoría do riso
É posible un riso libertario que rache coa gaiola de ferro? Esa é a pregunta invisible que percorre este libro. O entroido da revolta daquela toma corpo...
A boca da terra
A d'A boca da terra é unha poesía de natureza insurxente. Porque aquí a natureza fala, murmura, berra ou xura con ironía no eco das campás. Tamén se agocha nas ruínas e aluca, sentinela, o pasar dos camiños...
Dos días escuros
A liña do tempo desdebúxase nos seus extremos entre a esperanza e a devastación e, suspendida no centro dese arame de funambulista, a vítima do maltrato tenta aínda unha última reflexión...
Atravesar o fantasma
O autor fai unha peneira da poesía que escribiu desde a súa adolescencia até os 35 anos, a idade que Dante consideraba a metade da vida en A Divina Comedia...
Os días condenados
Arroupada por unha constelación de voces amigas, a palabra celebra a plenitude do amor e do sexo, evoca os momentos atrapados e os obxectos marcados, recoñece a impotencia ante o abandono e a perda, reclama a memoria, contempla as identidades esgazadas, abraza quizais a esperanza...
Kid Salvaxe
Kid Salvaxe de Carlos Reigosa tráenos o arrecendo dunha poesía -velaí a cita introdutoria do máis que admirado Bob Dylan: «Failles caso ás túas lembranzas / porque nunca poderás vivilas de novo»- que nos aproxima, polos camiños certos da nostalxia, a un Jack Kerouac, aquel de quen aprendeu Allen Ginsberg e que se reivindicaba a si mesmo como «un poeta jazzista que sopra un longo blues durante unha sesión de jam na tarde dun domingo»...
dun lago escuro
A nadadora é a metáfora das mulleres e homes que atravesamos un lago escuro como o tempo que vivimos. A nadadora, de costas, fixa a súa atención na luz do ceo, prefire ignorar que por baixo da tona da auga hai un fondo escuro en que podrecen os cadáveres, en que se ocultan as verdades pestilentes...
Dos tempos sombrizos
Dos tempos sombrizos é un libro de poemas sobre o medo. Sobre un medo ás veces concreto e ás veces difuso. Sobre un medo histórico. Dos tempos sombrizos está escrito nunha lingua desprezada...
Caderno do Nilo
En Caderno do Nilo o poema adéntrase na historia da humanidade, nacida do río, a través dunha viaxe sen meta que é unha viaxe ao tempo, a constatación de como se habitou a natureza nun deserto abafado de luz...
Presente continuo
O presente continuo é o tempo verbal do permanente correr, aparentemente inapreixable porque en canto se toca, convértese automaticamente en pasado. É o tempo do constante movemento, da vida que non cesa, do latexar das relacións que perduran fronte a ventos e mareas, fronte a maremotos, mesmo...
Raíz da fenda
Raíz da fenda é un libro sobre as feridas que nos atravesan, esas que abren unha fisura sobre a pel e que nos cambian para sempre. Cada unha das súas cinco partes analiza un tipo de perda diferente desde unha perspectiva íntima e crúa, que desbota o artificio: a ruptura coa familia e a estirpe para pescudar quen somos, a vivencia da morte dos que amamos, a enfermidade, a traizón ou o abandono do desamor...