Número de libros encontrados: 92
O silencio
O silencio constrúese sobre a pausa que se crea entre dous bombardeos, no lugar no que a realidade se converte en distorsión e se borran os límites entre as palabras e o que designan realmente...
ruído de fondo
O poema é unha inscrición na época. Non renuncia ao rumor do mundo. Nin á violencia de todas as cousas. Pero é provisional, inútil, precario, tatexo, rebelde, desenfocado...
Pan de ánimas
Pan de ánimas é unha ofrenda a todos os mortos: aos mortos que seguen vivos e aos vivos que existen mortos. Pan de ánimas é o son da moega que deita o sol da moenda...
transmuta
A morte da nai é o punto de partida. Detrás da morte a mutilación da posguerra; a que incapacitou miles de corpos para comprender e xulgar a propia historia...
Lapidarias
Coma un claroscuro de Caravaggio, estes «versos negros» revelan as ambigüidades das categorías de luz e sombra e constitúen unha reiteración do fóra de campo cinematográfico mediante o cal o que non está aparece...
(Retro)visor
(Retro)visor parte desa feble liña que separa o real da ficción coa vontade de construír un espazo de identidade onde a voz se sinta cómoda. Non en van, este é un poemario confesional, aínda que configura unha confesión prometida que nunca dá chegado...
Zoommm
No século XXI, finxir dar vida foi un dos cometidos principais daqueles que traballaban nesa trampa oblicua chamada arte: a creación de personaxes semellaba un eixe fundamental na novela, esa simulación tamén se atopaba no deber dun bo actor, dun guionista, dun realizador de cine, un fotógrafo, un debuxante de cómics...
TSC. Diario da noite
TSC. Diario da noite de Alfonso Armada é un experimento, o intento destemido dun poeta de 24 anos que, seguindo o alento de escritores como Gide ou Joyce, desexaba a literatura como unha sorte de vida e devecía por rexistrar o paso do tempo e todos os seus estragos escribindo un poema cada día do ano de 1982...
Amor amén
Na ruindade a pé do asfalto, na vida deshabitada a pé da rúa, pálpase o medo á soidade, ao abandono, ao engano. Cando fracasa o entendemento, o odio prende nos fentos secos da rutina e medra un desamor incendiario, abafante, verdugo...
Non son de aquí
Escribir poesía como se non houbese poesía. Falar como se todo o mundo tivese ese dereito. Un libro este de María do Cebreiro que non quere fundar nada...
Hordas de escritura
Houbo unha morte e a morte entrou no amor; finalmente produciuse unha mudanza na escritura. Este libro é tamén a terceira entrega dunha pentaloxía que Chus Pato vén construíndo baixo o título xenérico de Método...
Acendede as almenaras
Acendede as almenaras é un poemario co que Bernardino Graña grava un testemuño de emoción e vibración ante a vida e as persoas, un testemuño a través do que lanza ao aire unha onda a favor das ataduras do amor e da amizade...
O adeus do vello mariñeiro
Os mares destes versos son para navegalos en gamela. A gamela do vello mariñeiro, aquel que teceu a súa vida sobre o salgado. A poética de O adeus do vello mariñeiro está surcada polas mulleres e os homes do mar, por esas persoas que foron construíndo unha cultura, un xeito de entender a vida, coas súas vivencias, a súa linguaxe, os seus fogares, as súas ferramentas, os seus labores...
Hai cu
Se a poesía quere intimidade e reflexión, tempo, un dos sitios que mellor lle acaen hoxe é o váter: Hai cu, e polo tanto tamén hai medo. Ser retraído quere tempo...
Cólera
Este novo poemario de María Xosé Queizán tenta recuperar a memoria da resistencia contra o franquismo, desde mediados dos 60 a mediados dos 70. Foron anos de rebeldía en que se produciron as folgas obreiras, as loitas contra o réxime opresor, confrontacións que causaron mortes, detencións, cárcere, exilio...