Número de libros encontrados: 34
Historia da Literatura Galega IV
Con este cuarto volume, Xosé Ramón Pena continúa o ambicioso relato da nosa historia literaria que iniciou hai máis de cinco anos e que conta cos seguintes títulos: «Historia da Literatura Galega, I...
Os pioneiros da banda deseñada galega (1971-1979)
No inicio dos anos setenta, mentres o franquismo agonizaba, prodúcese un novo alborexar no eido da arte galega coa irrupción da banda deseñada. Influído polo cómic «underground» americano e pola emerxente ficción científica francobelga, o pintor Reimundo Patiño reparou na capacidade deformadora, así como na posibilidade de espallamento masivo que posuía a linguaxe do cómic, e obstinouse en crear unha arte de base popular e inspiración universal á que pronto se uniría Xaquín Marín, propiciando ademais a formación do Grupo de Cómic do Castro...
Historia de Galicia
A dialéctica social do ser humano, actuando secularmente no seu contorno, foi creando as comunidades nacionais, que se procuran e se recoñecen na experiencia da súa propia historia...
Historia da Literatura Galega III
Continuando o relato iniciado polo primeiro volume -Historia da Literatura Galega I. Das orixes a 1853 (Xerais 2013)- e polo segundo -Historia da Literatura Galega II...
Arredor das Irmandades da Fala
Este libro, coordinado polo profesor Luís Cochón, reúne trinta traballos moi diversos arredor das Irmandades da Fala, o fenómeno que supón o principio da modernidade en Galicia no século XX...
Atlas arqueolóxico da paisaxe galega
A paisaxe é un produto das formas de ser, de estar, de pensar e de actuar de cada sociedade. A paisaxe galega de hoxe é o resultado das nosas formas de ser, estar, pensar e actuar, mais tamén das daqueles que nos precederon no tempo...
Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega
A presente Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega é o resultado dun traballo conxunto no que participa un grupo de profesionais que levan anos vinculadas á investigación neste eido, baixo a coordinación de Blanca-Ana Roig Rechou...
Historia da Literatura Galega II
Esta segunda entrega da Historia da Literatura Galega continúa o relato emprendido co primeiro volume, Historia da Literatura Galega I. Das orixes a 1853 (Xerais, 2013), e configura unha narración congruente e sólida que nos conduce agora pola etapa do Rexurdimento, desde os albores da renacenza literaria do idioma galego, a mediados do século XIX, deica a fundación das Irmandades da Fala en maio de 1916...
O valego
«Paixón e ciencia percorren todo este libro co obxectivo de que sexa unha obra útil para dar longa vida ás falas do Val do Ellas. A presente monografía é o resultado de vinte anos de continuas visitas de Xosé-Henrique Costas á zona para recoller material, que foi dando a coñecer nun bo quiñón de relatorios e de artigos, agora revisados, actualizados e agrupados nos diversos capítulos deste libro, co que demostra que nada do que se refire ó Val do Ellas lle é alleo...
Historia da Literatura Galega I
Coa presente Historia da Literatura Galega, da que este é o primeiro volume dos catro que conformarán a obra, preténdese configurar un relato coherente e eficaz da produción literaria de noso dende a Idade Media até a actualidade da man de Xosé Ramón Pena, un autor de indubidable prestixio no eido da historia da literatura e en permanente diálogo crítico coas diferentes perspectivas da análise investigadora...
Feminismos
Feminismos, de Olga Castro e María Reimóndez, é unha guía de viaxe a través da cartografía dos feminismos que responde á rica biodiversidade real dos feminismos no mundo e tamén en Galicia...
Anthology of galician literature / Antoloxía da literatura galega 1981-2011
Esta Antoloxía da literatura galega 1981-2011 é unha continuación da histórica Antoloxía da literatura galega 1196-1981 publicada en 2010 e presenta, en edición bilingüe galego-inglés, sesenta textos de sesenta escritores galegos contemporáneos...
Xeografía de Galicia
Xeografía de Galicia afonda nunha ampla visión do país desde a perspectiva da análise territorial, partindo dun enfoque integral no que se investiga a complexa realidade que caracteriza as sociedades actuais cunha óptica xeográfica...
Anthology of galician literature / Antoloxía da literatura galega 1196-1981
ESTA Antoloxía da literatura galega 1196-1981 proponse introducir o lector á literatura galega tal e como se leva expresando durante case oitocentos anos...
Os Celtas
Os celtas, despois de moitos anos nos que se fixo investigación arqueolóxica sen precisar deles, rexurdiron, en Europa e en toda a Península Ibérica, como tema de investigación e, sobre todo, de polémica, na década dos oitenta...
A espiral no espello
O presente estudo reivindica para Bretaña, Esmeraldina a condición de obra central dentro do macrotexto da produción literaria de Méndez Ferrín e atribúelle tamén un papel especialmente relevante no contexto histórico da primeira Galicia autonómica, tanto no campo literario coma no político...