Número de libros encontrados: 304
Milú e o edificio das persoas extraordinarias
Milú vive coa súa nai na cidade de Parisia, no edificio Les Marginaux, onde todos os nenos que o habitan posúen un don que os fai extraordinarios. O don de Milú é contruír soños...
Faísca, a nena neandertal
Xoel, Matilde, Diana e Carlos van de campamento a unha aldea preto de Triacastela. As vacacións preséntanse aburridísimas porque teñen prohibidos os videoxogos e as cartas do seu xogo favorito...
Capitán Lentella 2. Unha nova chuvia de estrelas
Tras a aventura que viviron na Terra, os intrépidos exploradores espaciais Lalo e Rufino, acompañados agora tamén por Bicudo, continúan a viaxe polo Universo...
A miña avoa, a miña heroína
Laura sempre foi unha nena alegre, forte e valente, pero ultimamente as cousas non lle van demasiado ben: sente que cada vez son máis os días grises e comeza a dubidar de todo, incluso dela mesma...
Axencia Galega de Asuntos Máxicos
A vida pode cambiar nun só día. Que digo nun día! Nunha hora, nun minuto ou mesmo nun segundo. Iso é o que lle pasou a Gabriel e iso é o que che pode pasar a ti se te atreves a camiñar polas páxinas deste libro...
Idol!
Vega e Ámbar son dúas adolescentes de 16 anos que deciden concursar en «Idol!», un «talent show» onde un grupo de rapazas probarán sorte para tentar convertérense en estrelas da música...
O Concurso dos Mellores Inventos (e outros incribles acontecementos)
O Concurso dos Mellores Inventos está a piques de comezar e o premio é nada menos que un millón de billetes. A profesora Calista Parada, eminente científica, está convencida de que a súa bicicleta para viaxar no tempo non ten rival, pero as cousas non serán tan doadas como espera...
Analfabeta
Teño cinco anos e xa sei ler e escribir. A maioría dos meus compañeiros ten seis e non len nin escriben tan ben coma min. Mesmo hai un neno que apenas le e só escribe o seu nome...
Sete dentes de león
Esta historia sucedeu cando o mundo era gris. A vella tivo sete soños durante sete noites e naceron sete dentes de león que acenderon o mundo.
Chove!
Miñoca adora a choiva, pero ningún dos seus amigos está disposto a mollarse para xogar con ela. Ben, se cadra hai alguén a quen non lle molesta que chova...
Refugallo o espantallo
Comba é unha nena moi espelida e moi peculiar. Acompañada do seu gato Chosquiño, gústalle recoller materiais de refugallo para darlles unha nova vida: fai lapiseiros cos frascos de mel, xoieiros con caixas de ovos e casas de bonecas con cartóns de leite...
Os vagalumes de Marí
Marí é unha nena de dez anos que vive feliz ata que o seu pai ten que embarcar por motivos de traballo. Cando o barco está a piques de regresar, o faro da vila estrágase...
Wombo Combo
Sara odia a súa vida, ou polo menos a súa vida real: non ten case amigas e moito menos amigos; búrlanse do seu aspecto; non é brillante nos estudos, nin sequera mediocre...