Número de libros encontrados: 289
Francisco Fernández del Riego. O legado silandeiro
Francisco Fernández del Riego (1913-2010) foi o principal dinamizador do galeguismo cultural tras o abrupto corte que supuxeron a Guerra Civil e a posguerra...
Somos os monstros
Unha nena e un neno pérdense cando saen a xogar no bosque arrasado polo último incendio. Un monstro grande e un mostro pequeno habitan nese bosque...
Unha nova dimensión
A partir do concepto xeométrico de dimensión artéllase este delicioso libro de poemas onde prima a compoñente lúdica e imaxinativa que conecta directamente co mundo da infancia...
(Non) A todas as nenas lles gusta o rosa
A través dun divertido diálogo coa súa filla, o artista David Pintor plasma algunhas das moitas e estrafalarias afeccións que poden facerlles soñar ás nenas...
Demetrio Demoscopio perdeu a chispa
Nun edificio de cinco andares viven Afonsa Sosón e o seu neto André, o señor Demetrio Demoscopio, as irmás Carmelina e Laudina Flan, e o mago Ciro...
Animalia 4. Gris
«Animalia» é un proxecto de banda deseñada protagonizado por animais de diversos hábitats. «Animalia 4. Gris» céntrase nos animais urbanos. En que nos parecemos as persoas aos animais cos que convivimos a diario?
Oso banda
Á Oso banda só lle gustan as cousas brancas e negras. Ou iso parece... Un conto de humor sobre como facer equipo.
Cósmico, o bombeiro galáctico
Cósmico é un bombeiro galáctico que só pensa nas medallas que gañará apagando incendios. Comprenderá a verdadeira importancia de loitar contra o lume?
Xinfu: Múxel Attacks
Un exército baixo a auga? É que se volveu tolo o autor? Xinfu e Wini regresan, desta vez coa responsabilidade de salvar a súa cidade dunha misteriosa ameaza...
Animalario de ler a diario
Esta noite hai foliada no souto e os animais convídannos a bailar con eles e a descubrir como viven polo ar, pola terra e polo mar. A vacaloura, o morcego, o corrobolás ou o caranguexo tatexo farannos rir e emocionarannos, e tamén farán que xoguemos cos poemas deste divertidísimo animalario de ler a diario, con bicharía da noite e do día...
As mulleres que cultivaban néboas
Mamá é unha muller forte. Papá é un home estraño. Cando chega, todo se tingue dunha mancha escura, e da súa boca saen palabras que se cravan coma frechas no meu peito...
Axente Riciños: Misión Princesa
Axente Riciños, a mellor e máis implacable axente da Policía, regresa para resolver un misterio que mantén en tensión a todos os habitantes da Fraga...
Miñoca e pega
Pode unha pega con malas intencións facerse amiga dunha apetitosa miñoca? Unha nova aventura de Miñoca que demostra, unha vez máis, que as diferenzas poden superarse, sobre todo se hai boa predisposición...
O neno de lume
Morgan é un neno peculiar. De bebé apareceu nunha cesta diante da casa da señora Culpepper xunto cunha nota que dicía: «Lévenme máis alá da néboa...