Recén chegados

Retorno

Retorno

Retorno

María Reimóndez

Sonora

Sonora

Sonora

Chus Pato

books
Temática
formato
IDADE

Número de libros encontrados: 315

A pedra e as formigas

Jacobo Fernández Serrano

Dúas formigas, que paseaban polo campo preto dun escuro bosque, viron na espesura unha pedra grande tapizada de carriza e decidiron descansar ao seu carón para merendar...

O brillo dos elefantes

Fran Alonso

Un neno centroamericano vive nunha aldea de Matagalpa, coa súa nai e a avoa Mirta, nun fermoso país de lagos e volcáns. Na aldea onde viven a penas teñen para comer e unha guerra non declarada ameaza os campesiños...

Laia, a nena da illa

Ánxela Loureiro

Laia abriu os ollos e non dubidou en face-lo que lle pedía o seu pai. Pinchou as negras augas do océano e buceou ata esgota-lo aire. Xa na superficie oíu un rebumbio de voces...

Usha

María Reimóndez

Uxía, Usha para os seus amigos, escribe o relato da súa estancia en Devastana, unha vila do estado de Karnata, na India. A rapaza galega, que acompañaba a súa nai, membro dunha ONG, rememora a vida cotián da súa escola india...

Federico na silveira

Xosé Miranda

O coello Federico saíu da súa toqueira para facer unha excursión. Cando chegou ao fondo do bosque atopou un coello negro e tras un carballo viu ao compadre Raposo...

Carlota e a gaivota patiamarela

Miro Villar

O río non tiña segredos para Carlota, a marmota, mais nunca vira o mar. Carlota decidiu resolver ese misterio louco andando veloz seguindo o curso do río ata chegar a un deserto negro e frío...

¡Que medo, mamá Raquel!

Agustín Fernández Paz

Sara e Fran quedan sós na casa, mentres agardan que chegue mamá Raquel, a súa avoa. Fóra chove e o vento bufa coma un tolo. De repente marcha a luz e a escuridade ocupa a casa enteira...

A gardería de dona Bixelmina

Jacobo Fernández Serrano

Lucas Leoncavalo vive no circo onde traballan os seus pais. Cando o circo pechou, Lucas xa non será nin domador nin trapecista e será obrigado a ir á gardería de dona Bixelmina, que está invadida por virus e microbios...

Autor/a da semana

Fafarraios

Gloria Sánchez

O fío conductor desta obra son os números -ou fafanúmeros-, que nos levan polos trinta e tres poemas que constitúen este libro. Unha parte desas composicións baséase fundamentalmente no ritmo e na musicalidade; outras pasean personaxes fantásticos, piratas, bruxas, lobos feroces, dragóns ou vampiros, ou recrean contos de reís e princesiñas; outras xogan con crocodilos, abellas, pombas ou galiñas; outras sentan á mesa con obxectos máis cotiáns, como os garfos ou os coitelos; outras, en fin, abordan o consumismo ou a ecoloxía...

O gaiteiro e o Rato Pérez

Bernardino Graña

Silvino nacera na aldea de Tourán Baixo, o máis pequeno de catro irmáns, nunha familia pobre. Durante anos traballa de canteiro, ó tempo que aprende a toca-la gaita, por iso chámanlle ás veces Silvino o Canteiro e ás veces Silvino o Gaiteiro...

Fantasmas no corredor

Agustín Fernández Paz

A familia de Mariña múdase a unha nova casa. Unha casa moi especial, pois axiña descobre que o corredor está cheo de fantasmas. Polo día non se ven, mais pola noite saen das paredes e andan de troula polo corredor...

Quen me quere adoptar?

Fina Casalderrey

Manuel, un mestre xubilado, tiña centos e centos de libros que, cando abría, convertía en bolboretas. A súa filla era médica e marchara a África a traballar e a súa compañeira morrera...

Eu conto, ti cantas...

María Victoria Moreno

Este libro de María Victoria Moreno reúne tres contos de animais escritos en verso e ilustrados por Manolo Uhía: "Xa non teño medo", "Can branco, can negro" e "¿Un cachiño de bica?"...

Unha branca de cobre para Martiño

Ramón Carredano Cobas

Unha branca para Martiño, de Ramón Carredano Cobas foi a obra gañadora do Premio Merlín de lIteratura Infantil 2005. Unha novela histórica, dirixida a lectores de once anos en diante, desenvólvese durante o día e noite de Noiteboa do ano no que a nao Santa María, capitana da flota do descubrimento de América, embarranca nas costas de Haití, ao deixar os mariñeiros o goberno da nave en mans dos grumetes...

Charlie e o grande ascensor de cristal

Roald Dahl

Nesta continuación de "Charlie e a fábrica de chocolate", Charlie, o noso heroe, a súa familia toda e o señor Wonka utilizan un novidoso medio de transporte -un grande ascensor de cristal dotado dos medios técnicos máis avanzados- para chegar ata a fábrica das marabillosas lambetadas e facerse cargo da súa dirección...

Charlie e a fábrica de chocolate

Roald Dahl

O señor Willy Wonka, o xenio da fabricación de lambonadas, agachou cinco billetes dourados nos envoltorios das súas chocolatinas. Os que dean con eles poderán visitar a súa misteriosa fábrica, onde se elaboran as lambetadas máis sabedeiras que se poida imaxinar: xeados que nunca se derreten, caramelos eternos que non se desgastan, chicles que nunca perden o sabor, globos de azucre que se poden inchar ata facelos enormes...