Couto Mixto
Unha república esquecida
LuÃs Manuel GarcÃa Mañá (Autor/a)
GRANDES OBRAS>EDICIÓNS SINGULARES
LuÃs Manuel GarcÃa Mañá, actual Xefe Superior de PolicÃa de Galicia, ofrece neste fermoso libro, ilustrado coas fotografÃas de Xurxo Lobato, a radiografÃa exacta e documentadÃsima do Couto Mixto, un territorio peculiar, situado na raia seca existente entre Galicia e Portugal, que mantivo ata 1862 unha singularidade polÃtico-administrativa, chegando a constituÃr un enclave independente e gozando os seus habitantes de privilexios por esta condición. Efectivamente, esta república esquecida de natureza polÃti-co-administrativa complexa estivo xeograficamente enclavada nas parroquias galegas de Santiago de Rubiás do concello de Calvos de RandÃn e de San Andrés Meuaus do concello de Baltar, mais vinculada historicamente a Portugal e España, a través de certa dependencia nobiliaria dos señorÃos das Casas de Bragança e do Conde de Monterrei. No presente volume, LuÃs M. GarcÃa Mañá, despois dunha docu-mentadÃsima esculca, debulla aspectos como a orixe, evolución e notas históricas deste territorio; re-flexiona sobre o carácter independente que chegou a ter o Couto Mixto; expón os privilexios dos habi-tantes do Couto (persoais, polÃticos, fiscais, administrativos, económicos e comerciais); rematando con referencias á extinción do Couto, tras o tratado de Lisboa de 1864, e a súa situación actual. Pola súa banda, Xurxo Lobato, ofrece unha coidadÃsima reportaxe, constituÃda por máis de medio cento de fotos, sobre o espazo e as xentes que habitan hoxe este territorio.