Vinte mil leguas baixo dos mares
Jules Verne (Autor/a)
Dani Padrón (Ilustrador/a)
Mercedes Pacheco Vázquez (Tradutor/a)
Llerena Perozo Porteiro (Tradutor/a)
INFANTIL E XUVENIL>XABARÃN>Xabaril
O profesor de Historia Natural Pierre Aronnax, o seu axudante Conseil e o experto arpoador canadense Ned Land embarcan nunha viaxe fantástica, a bordo da fragata Abraham Lincoln, na procura dun misterioso monstro mariño. Este resulta ser un submarino, o Nautilus, que chega a visitar a rÃa de Vigo ao mando do capitán Nemo: un sabio desenganado da raza humana que se move guiado por un deses motivos tan caracterÃsticos da novela de aventuras: a busca da xustiza implacable, non exenta de vinganza.Di Ledicia Costas no prólogo da presente edición: «"Vinte mil leguas baixo dos mares" é unha epopea mariña. Unha viaxe ás entrañas do océano onde Verne, como o gran divulgador cientÃfico que era, fai o que mellor sabe: escribir unha novela de aventuras onde mestura a ciencia, o progreso e a fantasÃa».Unha obra mestra que segue a fascinar cento cincuenta anos despois da súa primeira aparición.