Recén chegados

Retorno

Retorno

Retorno

María Reimóndez

Sonora

Sonora

Sonora

Chus Pato

Cara a unha poética feminista

Autor/a : M. Forcadela, Camiño Noia

Cara a unha poética Feminista. Homenaxe a María Xosé Queizán é unha sinxela contribución á grande homenaxe que, cremos, merecería a escritora e a cidadá María Xosé Queizán.

Partilla este libro

Sinopse

Cara a unha poética Feminista. Homenaxe a María Xosé Queizán é unha sinxela contribución á grande homenaxe que, cremos, merecería a escritora e a cidadá María Xosé Queizán. Con ela, alén de mostrarlle o noso afecto e a nosa empatía, pretendemos dialogar coa súa obra literaria e coa súa posición feminista a través de diferentes aparellos analíticos, incrementando o capital, xa en por si importante, de autores e autoras que teñen deitado a súa ollada sobre a súa obra e sobre o seu discurso teórico. Herdeira dunha tradición que mestura galeguismo e progresismo, María Xosé Queizán non foi allea, como é sabido, á gran revolución socialista e feminista do noso tempo. Desde moi cedo, a conciencia da inxusta situación social, da subalternidade das mulleres na sociedade patriarcal e da represión que sufrían a lingua e a cultura do seu País foron para ela os motores que, pasiño a pasiño, puxeron en marcha o seu traballo, sen que ningún día deixase de ser o primeiro dun futuro mellor para a humanidade.

  • Colección

    ALTERNATIVAS

  • Código

    1354063

  • I.S.B.N.

    978-84-9914-232-6

  • Publicación

    29/03/2011

  • Clasificación IBIC

    DNF

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    320

  • Tamaño

    24 x 17.2 cm

Sobre a colección ALTERNATIVAS