Número de libros encontrados: 19
Somos un pobo de artistas
O primeiro monumento da literatura galega son as cantigas medievais. Os "Cantares Gallegos" de Rosalía son o gran referente do Rexurdimento. Cantigas e cantares...
Descubrindo Ana Pontón
Nesta obra, o escritor Suso de Toro segue os pasos de Ana Pontón, dende a súa infancia até a actualidade, dende aquela nena até esta muller que é observada por moita xente, desvelando a súa personalidade e o seu traballo diario...
Lembranzas dun mestre subversivo
Natalia descobre o pasado familiar cando o seu pai, Manuel, cae enfermo e a súa nai, María, lle conta, en longas conversas, as circunstancias que ambos os dous viviron desde mozos...
Unha rosa é unha rosa
"Unha rosa é unha rosa (Unha comedia de medo)" é unha traxicomedia onde non falta nin o humor, nin a aceda crítica á sociedade contemporánea. A vella Rosa reparte a súa herdanza en tres partes, entre os seus dous sobriños, Pololo e Adela, e a filla doutra sobriña xa morta...
10.000 millas de andar na bici
Entre 2018 e 2020, a protagonista deste libro repartiu comida polas rúas de Glasgow e outras cidades escocesas enriba dunha bicicleta tradicional (non das eléctricas, vaia)...
Premio 2021 de poesía, relato e tradución da Universidade de Vigo
POESÍA Cyberfolk [Branca Trigo Cabaleiro] A outra morte de Anabel Lee [Noelia Estévez Rionegro] Problemas de millennial [Mercedes Martínez Lorenzo] RELATO CURTO O Forxán e os asteroides [Fabio Rivas Pardo] A urdime [Beatriz Pilar Comendador Rey] Un valse co teu recordo [Clara Costas García] TRADUCIÓN LITERARIA O caminho imperfeito [José Luís Peixoto] Canto eu e a montaña baila [Adrián Presas Sobrado]
Alma de barro
Ao ler «Alma de barro. Relatos da Ribeira Sacra», tiven a impresión de que apreixaba nas mans un libro dun valor impresionante. O idioma é espléndido...
Galicia contada aos non galeguistas
Por que os galegos somos conservadores? E, ao mesmo tempo, por que se di de nós que somos ambiguos? Se somos un pobo atrasado, por que houbo familias tan emprendedoras como os Fernández? Somos ou non celtas? Existiu ou non o Reino de Galicia? Por que a terra tivo tanta importancia e por que os campesiños foron acusados de maliciosos e litigantes? Por que somos un pobo emigrante e, ao mesmo tempo, unha fábrica de ministros? Cal foi o noso papel nas guerras? É o galego máis vulgar que outras linguas? E que importancia tivo aquel xantar entre Beiras e Fraga? Este libro intenta contestar a todas estas preguntas, sen anteolleiras ideolóxicas...
Donos de seu: Loitas, arelas e froitos da xente de mar do Porto do Son (1580-1830)
Arredor de 1580 comezou a longa loita da xente de mar do Son, daquela un porto con menos de medio cento de casas, fronte as autoridades municipais de Muros e de Noia pola defensa dos seus medios de subsistencia...
Dentro da literatura
Este libro quere ser unha introdución á literatura, aínda que tamén debe ser o relato da conformación dun escritor. Porque escribir literatura é un oficio severo que conforma a persoa, porque un escritor é unha persoa conformada na súa natureza por ese oficio da palabra...
Michigan / Acaso Michigan
O 27 de outubro de 2016 Antón Reixa sufre un complicado accidente de tráfico durante unha viaxe a Madrid: fractura aberta de tibia e peroné, fractura de calcáneo, vértebra L2, máis dunha ducia de costelas rotas e contusión pulmonar que pode provocar colapso respiratorio e remata nun coma inducido durante 18 días...
Máis que ver
Sempre hai máis que ver se usamos os ollos e a cabeza ao tempo, se ollamos con toda a nosa bagaxe cultural. As pezas de deseño gráfico reflicten a cultura dun país, mesmo que moitas veces non deamos lido as súas mensaxes, fáltannos as claves históricas, tantas veces negadas, ou o coñecemento da linguaxe visual, moi maltratado no ensino regrado...
Versos dun fistor republicano, marxista, ateo e un pouco epicúreo
Neste libro de poemas, antoloxía da produción lírica de Xesús Alonso Montero desde 1963 ata 2016, o autor exerce de «fistor», de «vate popular», pero elevando a poesía bebedora das fontes do cancioneiro popular de tradición oral á condición de literatura culta...
Non debían medrar
Non debían medrar publicouse hai máis de corenta anos. Desde aquela ata esta edición conmemorativa do centenario do nacemento de Lueiro Rey, forma parte deses libros que non perden brillantez, interese nin atractivo malia o paso dos anos...
Que lle podo ofrecer a quen me intente?
Este volume é o primeiro resultado dun proxecto concibido polo grupo GAELT (Grupo de Análise e Estudo da Literatura e a Tradutoloxía), vinculado á Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo...