Somos un pobo de artistas
En 1999 Luísa Villalta publicou "O outro lado da música, a poesía", libro-referente, onde puxo en valor a mutua atracción que senten entre si a música e a literatura. Seguindo o seu método, penetramos na selva vizosa da música galega contemporánea para procurar esa unidade primixenia.