Escribir ben é unha habilidade que calquera persoa querería para si. En ocasións, pode parecernos fácil expresar por escrito aquilo que temos na cabeza, mais, cando nos poñemos á faena, decatámonos de que quizais non é todo tan achanzado como planearamos.
Partilla este libro
Sinopse
Escribir ben é unha habilidade que calquera persoa querería para si. En ocasións, pode parecernos fácil expresar por escrito aquilo que temos na cabeza, mais, cando nos poñemos á faena, decatámonos de que quizais non é todo tan achanzado como planearamos. Así e todo, a escribir tamén se aprende.
Con este libro Benxamín Dosil farache doado o acto da escrita resolvendo as túas dúbidas ao respecto. Darache recursos e trucos para que saias axiña dos atrancos, indicacións que che servirán para comunicarte mellor e, tamén, para estudar con máis axilidade. Elaborarás esquemas, desenvolverás ideas conectándoas de distintos xeitos e mellorarás a túa redacción.
En Escrita doada o autor recolleu abundantes aspectos da súa experiencia profesional, enriquecidos coas achegas dos mellores mestres na materia. A obra foi concibida como un manual de consulta que reúne un cento de epígrafes formadas por abundantes exemplos ilustrativos, cadros e gráficos para entender mellor a escasa carga teórica que aconsella sobre as mellores solucións, as máis sinxelas, claras e concisas. Vai acompañado dun glosario con máis de mil cincocentas voces que poden resultar dubidosas na nosa lingua. Agora é teu. Aprovéitao!
Colección
DIDÁCTICA E LINGUA
Código
1340054
I.S.B.N.
978-84-9914-826-7
Publicación
05/03/2015
Clasificación IBIC
CFG
Formato
Papel
Páxinas
248
Tamaño
24 x 17 cm
Autor/a
Benxamín Dosil
Benxamín Dosil López (A Fonsagrada, 1961), licenciado en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela, é intérprete xurado de galego. Foi tradutor de galego da Xunta de Galicia (1989-1997), xefe do Rexistro Xeral (2003-2013) e, a partir de 1993, funcionario do corpo superior da Administración autonómica. Foi subdirector xeral de Política Lingüística (1998-2000) e, dende 2014, traballa como analista de xestión do rendemento e calidade na mesma Administración. Encargouse da coordinación e tratamento terminolóxico da «Guía de alimentación» (1995) e do «Léxico da construción» (2001). Como autor publicou «Maiúsculas e abreviacións» (1996), «Palabras novas e nomes propios» (1997) e «Masculino e feminino nos nomes de profesións» (2004). Así mesmo, é coautor destoutras obras: «Diccionario galego de banca» (1993), «Manual de fútbol» (1995-1998), «Dicionario de ortografía da lingua galega» (1996 e 2004), «Ortografía galega. Método práctico» (1997), «Dicionario escolar da lingua galega» (2010). En Xerais publicou as obras «Escrita doada. Consellos para redactar ben» (2015) e «Manual de uso da lingua galega» (2021).