Número de libros encontrados: 1548
Wombo Combo
Sara odia a súa vida, ou polo menos a súa vida real: non ten case amigas e moito menos amigos; búrlanse do seu aspecto; non é brillante nos estudos, nin sequera mediocre...
Formigas. Misión Entroido
FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son os catro integrantes das FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados...
As peregrinacións a Compostela
Que as peregrinacións a Compostela son un fenómeno multitudinario é obvio. A inflación xacobea é algo que se sente na cidade de Santiago e noutras partes do país, máxime cando hoxe está ligada ao desenvolvemento dun turismo de masas que ameaza a Galicia...
Somos un pobo de artistas
O primeiro monumento da literatura galega son as cantigas medievais. Os "Cantares Gallegos" de Rosalía son o gran referente do Rexurdimento. Cantigas e cantares...
Aqueles corpos nosos
Todos os actos teñen consecuencias. Fernán e Xandre Malvís buscan recuperar a normalidade nas súas vidas e sandar as cicatrices inflixidas polo enfrontamento cos irmáns Garrido...
Luísa Villalta. Alma de violino
Luísa Villalta soubo escoitar o silencio e a realidade que lle tocou vivir e plasmalo na súa obra. Comprometida e coherente, teceu os vimbios dunha sociedade equitativa e igualitaria...
Luísa Villalta. Melodía de palabras
Luísa Villalta (1957-2004) foi unha muller comprometida coa vida e fixo desta un espazo máis amable, que encheu de compromiso e de beleza. A Villalta dedícaselle o Día das Letras Galegas 2024 pola súa inestimable achega literaria...
Galván en Saor
O señor Galván, príncipe das terras do norte, compañeiro de Artur nos reinos da Bretaña, viaxa máis alá da xeografía e do tempo e, como aquel Merlín de Cunqueiro, aparece entre nós, pois é acaso o destino de todos aqueles señores e cabaleiros do Graal e das antigas fazañas...
Un millón de vacas
Este libro nace fundamentalmente da observación. A través destes relatos, como fogaradas, como rápidas instantáneas, viaxamos por tipos humanos, situacións, contrastes e anécdotas que se presentan como un singular retablo da Galicia que vivimos...
Os Suicidantes
Nunha cidade do futuro, devastada por un réxime económico fóra de control, os individuos son arrastrados cara ao abismo. Un camiño que ninguén querería percorrer: o camiño da morte autoproducida, executada coas propias mans...
Sonora
«Sonora» é unha conversa entre o poema e a morte. Sonoro é o ollo do lago: algo cae e produce nove acordes, nove ondas no fulgor da noite. Sonora é a alianza que se herda, o anel que grava o nome na cara interna do metal...
Pronto hei de volver
Para Chiqui, todo comezou cunha bala. Mais antes, para que ela chegase a existir, foi precisa a emigración a Venezuela de finais dos cincuenta: destinos cruzados desexando sucar o océano a bordo de barcos de vapor...
Mambrú volveu da guerra
Unha nena está desexando explorar o parque infantil que abriron ás aforas da vila. Mentres xoga, encontra por casualidade un boneco enterrado. É un soldado de porcelana que lle conta que viviu na vila hai moitos anos, pero non é quen de lembrar o seu nome nin como acabou nese lugar...
Caramomia
O aburrimento entrou de cheo nas vidas de Roque, Mafalda, Mabel e Brando xogándolles malas pasadas. Están empezando a ver cousas moi estrañas no barrio...