Número de libros encontrados: 1548
Enderezo descoñecido
"Enderezo descoñecido" conta a sorprendente historia de dous amigos e socios propietarios dunha galería de arte en California: Max Eisenstein, xudeu estadounidense, e Martin Schulse, alemán, que retorna ao seu país en 1932, coincidindo co ascenso do partido nazi...
Segredos soterrados
O verán comeza prometedor no campamento que Anxela está a gozar en Muíños xunto con Sabela, Jorge e, por suposto, a gata Morriña. Mais, pronto, un misterio do pasado crúzase no camiño e dá paso a unha carreira contrarreloxo por descubrir a verdade e manterse a salvo...
Ánxela e Spencer
Na aldea onde vive Ánxela, os muíños do parque eólico deixaron de xirar coma todos os días. A xente di que houbo un accidente, que unha avioneta se estrelou contra eles, que o exército anda a facer pescudas pola contorna...
Animais fantásticos de aldea
O galiñeiro do señor Benito anda alborotado: as galiñas están fartas de vivir explotadas para acabar servidas no prato dos seus donos. Como vinganza, deciden falar co resto dos animais da aldea e argallar un plan terrorífico que lle porá a carne de galiña á veciñanza de Froxán...
A pioneira
De Ester din que é unha "marimacho". Tamén lle chaman "muller hombruna". E só porque lle gusta xogar ao fútbol. Ou, quizais, porque o seu corazón non latexa ao ritmo que dita a sociedade...
Da calzada ao casco vello de Vigo
Sen saír do Vigo histórico, máis alá do que os vigueses chamamos «Casco Vello» tamén hai historia. Dende onde se ergueron as antigas murallas do século XVII e cara ao leste, onde se xuntaron as parroquias históricas de Santiago de Vigo e Santa María de Vigo, houbo moita actividade humana dende hai máis de dous mil anos...
A pintura debida
Un grupo de nenos que queren coñecer como berran os ourizos, un rapaz que mira o seu reflexo no gume dun coitelo antes de matar o seu primeiro porco, unha nena cega que é violada e quere desfacerse dese alcume ou un pintor que se arrepinte dos asasinatos cometidos para inspirar a súa obra...
Perder as bestas
A acción transcorre nunha comarca preto da fronteira. As partidas de guerrilleiros comezan a reagruparse coa esperanza de que o final do nazismo sexa tamén o final da ditadura...
O ano das mazás
É o tempo da posguerra, tempo de miseria, tempo de desacougo. Os rapaces rabuñaban no lixo das casas ricas para apañar as mondas das patacas, que logo fervían e comían con ansia...
Morto de fame
A irmá do conde Drácula está moi preocupada porque o seu fillo non é cruel e sanguinario: é boísimo. Drácula dille que o mande á súa casa, que xa se encarga el se encargará de convertelo nun verdadeiro vampiro aterrador...
Unha veciña de película
O verán preséntase longo e aburrido para os xemelgos Elsie e Simón, mais todo dá un xiro inesperado cando chega unha nova inquilina á casa do lado...
O caderno de rama
Por mor da guerra que asola a cidade, un rapaz queda orfo. Cando é trasladado ao orfanato, descobre que as únicas pertenzas que lle quedan (un caderno e uns lapis que lle regalara a súa nai), teñen poderes máxicos: todo o que debuxa vólvese realidade...
Nin me amoles
Lola é unha nena que sofre os abusos do seu compañeiro Mamalón, aguanta as impertinencias da súa veciña Meticona e resígnase á ausencia da súa mai, que nunca pode xogar con ela...
Crime en Compostela
Gañadora da primeira edición do Premio Xerais de Novela, "Crime en Compostela" está considerada un fito da literatura galega por ser a obra que inaugura o xénero de novela policial e é un indiscutido best-séller da narrativa galega dos últimos corenta anos...