Número de libros encontrados: 1548
A tribo do mar
Alexandra mira o mar de Burela e soña con goles imposíbeis; cando virá súa nai de Cabo Verde? Namentres, a miles de quilómetros ao outro lado do océano, o señor Abdallahi non sabe de Tihani; onde se metería o rapaz? Terá problemas co vello Mahmoud? Samba estraña moito o seu pai, pois Souleymane marchou hai xa un mes...
Astérix. O Lirio Branco
Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos... Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos aínda segue resistindo o invasor...
Ninguén contará a verdade
Marosa Vega, unha talentosa e hábil xornalista que foi despedida por querer sempre investigar de máis, acepta un encargo moi especial dun antigo compañeiro: Salva Lamas pídelle axuda para desentrañar un caso de corrupción política que afecta ao presidente da Xunta de Galicia e que está a deixar un regueiro de vítimas...
Ultraluz
«Ultraluz» é un bosque que alberga as criaturas máis escuras. O universo particular da autora estoupa nestes versos onde a infancia se abre paso entre a fantasía, o asombro e a morte...
Descubrindo Ana Pontón
Nesta obra, o escritor Suso de Toro segue os pasos de Ana Pontón, dende a súa infancia até a actualidade, dende aquela nena até esta muller que é observada por moita xente, desvelando a súa personalidade e o seu traballo diario...
Nenas transgresoras na LIX
«Nenas transgresoras na LIX» é o novo monográfico da Rede Temática de Investigación «Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano»...
Furia
Tras a morte da súa nai, Cecilia, unha adolescente de dezaseis anos, non sabe como convivir coa dor. Por se non fose pouco, unha pandemia, un cambio de casa, a precariedade e a incomunicación coa súa tía avoa énchena de rabia ante o mundo que a rodea...
A botella de lentellas
Manuel é un neno que pasa moito tempo só na casa, xa que o pai traballa demasiadas horas repartindo paquetes e á súa avoa, enferma, tiveron que levala a unha residencia...
A miña amiga invisible
Cando a súa familia abandona a cidade para vivir nunha aldea preto de bosque, Uxía descobre un mundo descoñecido onde nada é o que parece ou non parece o que é...
Unha unicornia
Estrela é unha unicornia á que lle encantan as nenas: todo no seu cuarto está decorado con imaxes de pequenas humanas. Cumprirá o seu soño de coñecer unha nena de verdade algunha vez?
Violeta ás agachadas
A Violeta nada lle gusta máis que xogar ás agachadas. Na casa, sempre busca o mellor lugar onde esconderse: debaixo das camas, dentro dos armarios, nas lacenas da cociña...
Inventos
Os romanos tiñan neveiras? Dende cando hai billas? Coas preguntas enxeñosas e as respostas rápidas deste libro aprenderedes moitos detalles e curiosidades sobre os inventos...
Os mil e un días
«Os mil e un días» é unha escolma de fotopoemas, un carreiro trazado a través de anos de feliz coexistencia de imaxes e letras que se miran no espello e ás veces ata discuten...
Xa vemos palmeiras
Vinte persoas descoñecidas van pasar unha fin de ano ao deserto de Merzouga, no Sáhara marroquí, unha viaxe organizada que atravesa o país. Non é máis ca unha excursión ordinaria que calquera podería facer cun todo terreo e cun simple mapa, pero acabará por converterse nunha travesía singular, liderada por un guía fumado e dous condutores bérberes esquivos...