Número de libros encontrados: 1456
Cando petan na porta pola noite
Catro relatos de misterio que Docampo adica ós seu pais, dos que di que foron grandes contadores de contos. Son historias que cando as lemos, parece que as estamos escoitando, o cal fai que o noso medo vaia en aumento e ademais poden facer lembrarnos os nosos medos que criamos especiais: aquela carballeira chea de sombras, o vento que abanea os salgueiros, a neve que nos chamaba a andar e ía borrando as nosas pisadas co risco de perdernos, a brétema que non nos deixa enxergar que seres se ocultan...
A banda sen futuro
A banda sen futuro reflicte a historia de Carlota, unha rapaza de dezaseis anos que debe facer amigos no seu instituto novo. Non é doado conseguilo e menos se unha ten o cabelo rapado ó cero e se sente como un ídem á esquerda...
As flores do meu amigo
Estamos no século XIII, no reinado de Afonso X, o Sabio. Paio Gómez Chariño, o trobeiro autor de cantigas extraordinarias, volve a Galicia traendo canda el ó mozo Edelmiro Soutelo, fillo dun cabaleiro que morreu loitando contra os mouros nas guerras de Granada...
Pensa nao
En Pensa nao Anxo Angueira recrea a biografía colectiva de Sernanselle o espacio ficcional que lle é propio. Sernanselle, aldea de Dodro Vello desde a que se enxergan as Brañas de Laíño e o río Ulla navegado por dornas e balandros, enchendo e devalando coas marés da Arousa...
Non volvas
A nova e agardada novela de Suso de Toro, despois da grande acollida de Calzados Lola, Non volvas recupera a historia dunha muller que abandona a súa vida na cidade reclamada polo seu pasado e volve ao lugar que lle está prohibido, a aldea da súa infancia onde súa nai lle pediu que non volvese...
Unha estrela no vento
Unha estrela no vento é a historia de Miguel Foz, un estudiante dun instituto vigués de bacharelato de dezasete anos. Comproba como o seu mundo derrúbase dun día para outro; farto do seu pai, da súa profesora de literatura, de toda a xente que o rodea, síntese que é diferente a todos...
Mesteres
Arcadio López-Casanova (Lugo, 1942), poeta, profesor, crítico e teórico da literatura, é un dos autores contemporáneos de máis celmosa traxectoria como amosan as seus títulos poéticos Liturxia do corpo (1982) ou Noite de degaro (1994), entre outros...
Poesía enteira de Heriberto Bens
A Poesía enteira de Heriberto Bens edítase por primeira vez en 1980 e recolle os volumes Antoloxía popular, publicado polo Patronato da Cultura Galega de Montevideo en 1972, e Sirventés pola destrucción de Occitania, publicado en 1975 en Xenebra, ambos os dous asinados co pseudónimo de Heriberto Bens, baixo o que se agachaba X...
Morning Star
Morning Star é unha novela de odios e amores, de sangue, crimes, tiros, coitelos, persecucións, paixóns e esperanzas, gavelas de bandoleiros do século XIX, da busca dun tesouro e de dous rapaces procurando a liberdade, dun cego que toca a gaita e o violín e fala en verso, dun can branco burgalés, dun portugués con tres pegas amestradas e un ollo coma un ovo cocido, que ten o seu tobo na Pena de Anamán, do patibulario e toco Lázaro Rivadulla, da sublevación progresista nas rúas de Pontevedra de 1846, dun pozo cun esqueleto, da aprendizaxe da vida, dunha saudade coma un furaco no que cantan os grilos e dunha afastada estrela que brilla cada día soamente para quen sabe ollala...
Círculo
Círculo é un libro continuo e pechado sobre si mesmo, como a serpe Uroboros que se morde o rabo, e que encerra o mundo terríbel e marabilloso, múltiple e repetido...
Land Rover
En Land Rover, Suso de Toro, con intachable sentido da progresión narrativa, bríndalles ós seus lectores unha obra singular, bicéfala, pechada en si mesma coma un círculo perfecto no que se inscriben a fábula e a historia, mito e realidade...
O lapis do carpinteiro
O lapis do carpinteiro é unha historia de amor, melancolía e liberdade. Un grande amor en tempo de guerra e posguerra que chega ós nosos días entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filla dunha familia reaccionaria e o médico republicano Daniel Da Barca, posuídor da beleza tísica e seguidor da teoría da realidade intelixente do doutor Nóvoa Santos...
Guía da flora do litoral galego
Nesta Guía da flora do litoral galego aparecen representadas preto de 500 especies vexetais que medran nos hábitats costeiros. Todas elas foron fotografadas baixo condicións de luz naturais, durante a etapa de floración e no seu propio ambiente...
Seraogna
Seraogna, libro publicado en maio de 1976 baixo o cuño de rompente, non só deu a coñecer a Alfonso Pexegueiro (Ponteareas, 1948), que se consolida hoxe como un dos escritores máis interesantes da nosa literatura, senón que constitúe a primeira achega substancial e decidida no proceso de renovación dun sistema poético ancorado no dominio da estética socialrealista máis estereotipada...