Número de libros encontrados: 1352
O soño sulagado
O soño sulagado (1954) é o segundo libro de poemas publicado en galego por Celso Emilio Ferreiro. Sen embargo, a través das súas páxinas podemos atopar claves do que vai constituír, en entregas posteriores, unha parte fundamental do mellor mundo poético do autor de Celanova...
Códice calixtino
Versos emocionados e emocionantes, atravesados de intimidade. Xogo sensual onde a luz e sombra debaten a súa fortuna. Luz Pozo Garza dános, neste texto, unha das mellores mostras do seu quefacer poético: a ansia da luz inunda as páxinas deste códice que se pode interpretar de moitos xeitos; un deles, o propio universo sobre o que a voz da poeta tenta poñer anacos de claridade, de amor que vence á morte...
As baleas de Eduardo Reinoso
"Habería que dicir dela, en primeiro lugar, algo no que todos os membros do xurado que a premiaron se manifestaron concordes: é divertida, lese nun arrauto, non permite que o lector se despegue...
Caixón desastre
"Caixón desastre" (seis relatos) recibiu o Premio Galicia da Universidade de Santiago e axiña conmoveu ós lectores: pola súa novidade, pola súa frescura, polo seu corrosivo humor "simbiótico", pola súa capacidade para observar a realidade, polo que anunciaba...
Un home de Vilameán
-Son de Vilameán e teño unha casa e unha pequena veiga. Pero a miña moza é de Vilariño; se vou vivir onda ela deberei doarlle as miñas propiedades ó mosteiro...
Para despois do adeus
Nos tempos da Habana, gardamos sempre unha fotografía da estación; nela estamos Andrea e mais eu; a miña irmá cos ollos de chorar e os labios enfuciñados...
No ano do cometa
No ano do cometa, trasládanos á Europa de 1066, cando, trala morte do rei Edward o Confesor, se abre un dos pleitos sucesorios máis sanguentos da historia...