Número de libros encontrados: 199
Chamizo
Nesta novela cóntase a historia de Martina, unha nena de nove anos, que desexa máis ca nada no mundo poder ter un animal, aínda que é consciente de que sería malo para el vivir nunha cidade...
Tanis I o Mocos
O día que o príncipe Estanislao, herdeiro á coroa do extenso e poderoso reino de Sofrovia, cumpriu dezaoito anos, armouse un grande rebumbio no pazo...
Feitizo
Marta ten unha nai bruxa. Si, bruxa, bruxa das de verdade, que xa se sabe que ninguén cre nelas, pero que habelas hainas. A Marta, se cadra, non lle preocuparía nada iso de ter unha nai bruxa...
O coello Federico
O coello Federico era un coello alegre, roedor e corredor, amigo dunha lebre e máis dun reiseñor. Farto de comer leitugas e cenoiras, atopou un día, fuxindo de raposas e rapinas, un campo cheo de morodos, dos que comeu tantos ata enfermar de indixestión...
Dúas bágoas por Máquina
Xusta é unha nena que tiña un can chamado Máquina. Un bo día desaparece o can e pasan varios días sen que apareza. Xusta e o seu irmán Moncho arman un plano para ilo buscar, de xeito que non van á escola -un colexio nunha vila ó que van en autobús- e non conseguen dar con Máquina, aínda que si se monta un rebumbio impresionante no colexio, na súa familia e na aldea...
Ameaza na Antártida
Said e Sheila, os dous irmáns do futuro que xa protagonizaran Perigo vexetal (premio Merlín, 1995) e O futuro roubado, viven aquí unha nova e inquietante aventura...