Número de libros encontrados: 302
A profesora Ripaldi
Sarita Palodi é unha científica de recoñecido prestixio mundial. A ciencia é a súa vida e dedícase a ela sen descanso. A profesora Sarita Palodi é a cabeza dos laboratorios Prodi, unha empresa que tivo como últimos descubrimentos a tinta ortográfica, que fai que quen a utilice automaticamente non cometa faltas de ortografía, ou o paragugas autoclimático, un magnífico regulador do tempo, ou da peixeira con simulador de océanos...
Mar adiante
Publicada en 1973, Mar adiante é a primeira novela en lingua galega de María Victoria Moreno e unha das novelas fundadoras da literatura infantil en galego...
Restaurante Farruco
No xeitoso e moi feituco Resturante Farruco celébrase un xantar moi especial: unha parella e o rei son atendidos polo camareiro Farruco, pola xefa de cociña Siñá Manuela e polo seu axudante...
Rata linda de Compostela
No Monte do Gozo, preto de Compostela, vive Rata Linda. Tamén vivía alí o Rato, que marchou para o estranxeiro. Un día, Rata Linda atopa unha moeda que lle caera a Don Gato...
Dona Landra no Río Revolto
No río cada ano hai máis porcallada. Plásticos, latas ferruxentas, pneumáticos, lavadoras... Os animais, como a garza, o salmón, a lamprea, a troita, o parruliño, a libeliña, a lontra ou a donicela estanse afacendo a vivir con todo isto, pero unha masa verde e fedorenta remata coa súa tranquilidade...
O arco da vella
A vella Maruxa tiña un amor viaxeiro. Cando soubo que o seu amor marchaba, comezou a tecer para el un abrigo con sete fíos de la. O día da partida entregoulle ao seu amor o abrigo e viu como o seu amor partía deixándolle nos labios un bico e na man un anel de prata...
Pinga de choiva
Ao dragón Arco da vella gústanlle moito as pingas de choiva, especialmente esas que quedan, tímidas, no envés das follas despois de saír o sol; esas pingas saben a orballo azucrado...
¡Upa!
Agora xa non chove e meu pai e mais eu imos mercar. Pola rúa atopamos charcos de auga moi grandes e un can enorme que me espanta. Entón, o meu pai levántame e dime: ¡Upa!...
Vouvos papar
Vouvos papar de Luz Méndez e Pere Tobaruela é a historia de Tucho e Mucha, dous nenos que conectados polo correo electrónico e o programa de chat, cando xogaban ao "Buscaminas", ao seu xogo preferido, viven unha aventura na Internet cando os chucha o seu ordenador coma se os prendese unha aspiradora...
Novas minimaladas
Un rinoceronte que nunca chegou á montaña. Un leopardo ao que lle entrou a fame. Unha abella que se achegou a unha flor coa intención de recoller o néctar...
O armario novo de Rubén
"O armario novo de Rubén" A Rubén instálanlle un novo armario encastrado e métese dentro para ver que hai. Ve unha luciña ó fondo e bate cun cuarto que non é o seu...
A formiga coxa
Unha formiga coxa, unha ra peluda e unha cobra chosca deciden buscar algún lugar onde non sexan menosprezadas polas súas eivas e sexan consideradas iguais, e así comezan a súa aventura...
A casa de había unha vez
¿Quen no coñece aínda o conto do soldadiño de chumbo ou da Carapuchiña vernella? En A casa de había unha vez, Ana María Fernández e o ilustrador Enjamio convídannos a realizar unha viaxe ó eterno mundo dos contos a través duns poemas nos que se entrecruzan dragóns e leóns, trasniños, raíñas e princesas, fadas encantadas e ras enmeigadas: Ó soldadiño de chumbo dóelle o pé de correr de guerra en guerra ó coxilipé...
O Quirico lambón
O burro Perico, por mor do seu casamento, foi un día, moi contento, a invitar a moitos bichos, e tamén foillo anunciar, a Quirico, que era un galo, do monte, un pouquiño malo, que á escola nunca fora, moi señorito e lambón...