Número de libros encontrados: 18
Pan galego
Os galegos efectivamente somos en ocasións reservados, humildes e non moi dados a presumir de nada. Ata que toca falar de pan. Aí non hai reservas nin miramentos...
As peregrinacións a Compostela
Que as peregrinacións a Compostela son un fenómeno multitudinario é obvio. A inflación xacobea é algo que se sente na cidade de Santiago e noutras partes do país, máxime cando hoxe está ligada ao desenvolvemento dun turismo de masas que ameaza a Galicia...
Guía das plantas de Galicia
A "Guía das plantas de Galicia", do botánico Xosé Ramón García, é un instrumento imprescindible para o coñecemento básico da actual flora do noso país...
Doces e lambetadas. Receitas con historia
Este é un libro para ler, para aprender a elaborar doces e lambetadas e para gozar da cociña con todos os sentidos. Desde que se comezou a empregar o mel para adozar e conservar alimentos, ou desde que empezaron a elaborarse con améndoa, cereais, leite, ovos, azucre, ata o descubrimento do cacao, do chocolate, da vainilla, da canela e de diversas froitas, transcorren séculos nos que, paralela á historia da humanidade, se vai forxando a historia da gastronomía...
A cociña do Camiño de Santiago
Logo do éxito de A viaxe culinaria de Kukinhas. A volta ao mundo en 50 receitas, Elisa, a autora do coñecido blog kukinhas.com, anímanos a coñecer o Camiño de Santiago a través da súa gastronomía...
A viaxe culinaria de Kukinhas
Elisa, a autora do coñecido blog kukinhas.com, guíanos por unha fascinante viaxe gastronómica arredor do mundo con receitas doadas de facer, onde cada ingrediente e cada prato conta unha pequena historia sobre outros xeitos de entender a cociña...
Cocina gallega tradicional
Las recetas recogidas en "Cocina gallega tradicional" pertenecen al legado culinario de Galicia. En cada caso se relata la historia del ingrediente principal del plato y las distintas maneras de prepararlo...
A Ribeira Sacra (Castelán)
Esta guía práctica de A Ribeira Sacra da a conocer al visitante los encantos que esta comarca ha ido guardando a lo largo de los siglos. El amplio territorio de A Ribeira Sacra, situado en el corazón de Galicia, está recogido aquí de forma exhaustiva...
A Ribeira Sacra (Galego)
Esta guía práctica da Ribeira Sacra descóbrelle ao visitante os encantos que esta bisbarra conservou ao longo dos séculos. O amplo territorio da Ribeira Sacra, situado no corazón de Galicia, está recollido aquí de forma exhaustiva...
A nosa horta
En Galicia é costume arraigado dispoñer dunha parte do terreo da casa para a horta familiar. A evolución da agricultura, que introduciu novas técnicas de cultivo, tamén trouxo consigo malas interpretacións acerca do que se debe e non se debe facer...
O carnaval en Galicia
O carnaval en Galicia é unha rigorosa e amena monografía de Federico Cocho, con fotografías de Manuel G. Vicente, sobre o entroido. O carnaval, tempo que precede á Coresma no calendario tradicional, é a festa da transgresión e da burla, que é tamén purificación, parodia, rexoube na representación do mundo...
Guía das árbores autóctonas e ornamentais de Galicia
Tanto para especialistas como para curiosos e afeccionados, a Guía das árbores autóctonas e ornamentais de Galicia constitúe unha ferramenta utilísima...
Repostería en Galicia
¿A quen lle amarga un doce? Iso é o que Mariano García e Fina Casalderrey se preguntan no limiar de Repostería en Galicia, un libro clásico na literatura gastronómica galega, revisado e actualizado nesta nova edición que ofrece a colección Xerais Gastronomía...
O libro da empanada
A empanada é un símbolo da mellor cociña de Galicia. É, abofé, un signo de identidade. Xenerosa, saborosa e farturenta, pola empanada identifícannos como galegos de aquí á fin do mundo...