Recén chegados

O lado nobre

O lado nobre

O lado nobre

Irene Lourido

As esquinas

As esquinas

As esquinas

Miguel Calvo Marques

books
Temática
formato
IDADE

Número de libros encontrados: 1415

O soño sulagado

Celso Emilio Ferreiro

O soño sulagado (1954) é o segundo libro de poemas publicado en galego por Celso Emilio Ferreiro. Sen embargo, a través das súas páxinas podemos atopar claves do que vai constituír, en entregas posteriores, unha parte fundamental do mellor mundo poético do autor de Celanova...

As baleas de Eduardo Reinoso

Alfonso Álvarez Cáccamo

"Habería que dicir dela, en primeiro lugar, algo no que todos os membros do xurado que a premiaron se manifestaron concordes: é divertida, lese nun arrauto, non permite que o lector se despegue...

Caixón desastre

Suso De Toro

"Caixón desastre" (seis relatos) recibiu o Premio Galicia da Universidade de Santiago e axiña conmoveu ós lectores: pola súa novidade, pola súa frescura, polo seu corrosivo humor "simbiótico", pola súa capacidade para observar a realidade, polo que anunciaba...

Un home de Vilameán

Xoán Bernárdez Vilar

-Son de Vilameán e teño unha casa e unha pequena veiga. Pero a miña moza é de Vilariño; se vou vivir onda ela deberei doarlle as miñas propiedades ó mosteiro...

Para despois do adeus

Xosé Ramón Pena

Nos tempos da Habana, gardamos sempre unha fotografía da estación; nela estamos Andrea e mais eu; a miña irmá cos ollos de chorar e os labios enfuciñados...

No ano do cometa

Xoán Bernárdez Vilar

No ano do cometa, trasládanos á Europa de 1066, cando, trala morte do rei Edward o Confesor, se abre un dos pleitos sucesorios máis sanguentos da historia...

As horas de cartón

Lois Xosé Pereira

Velaquí a historia de Clara, unha muller de 45 anos que fai reconto da súa propia experiencia vital -acaso a memoria de toda unha xeración adormiñada e triste- sentada dediante do televisor naqueles días de novembro gris, no ano 1975, cando enterraban ó xeneral Franco...