Número de libros encontrados: 1465
O sol na crista do galo
O sol na crista do galo de Manuel Lueiro Rey (Fornelos de Montes, 1916-0 Grove, 1990) é o libro de relatos dun autor que seguiu unha carreira literaria singular...
Lúas de nácara
O xardineiro Cosme traballa so as lúas de nácara, cando as sombras cobran luz e os amantes soñan con ser camelias e florecer mesmo no inverno. Henrique Bouzas, un emigrante retornado, acode a unha cita nos xardíns do sur para pagar a débeda que o seu avó mantiña cun dos seus familiares...
Rapazas
¿Que estraña misión trae un extraterrestre deica o noso planeta? ¿Que sucede cando se mantén unha estarrecedora relación cun fantasma? ¿Que segredo garda unha misteriosa pedra atopada na area dunha praia? Estas son algunhas das preguntas que fixeron nacer os relatos deste libro de Agustín Fernández Paz...
Cantos caucanos
"Cantos caucanos" publicado integramente en 1985, cinco anos despois despois da volta de Antón Avilés da súa estadía durante dezanove anos en Colombia...
Relatos mariñeiros
Relatos mariñeiros componse dunha vintena de narracións curtas que teñen como referencia e inspiración a comunidade de pescadores galegos das Mariñas, asentados na Habana durante os anos trinta, corenta e cincuenta do seculo XX...
Nunca máis Galiza á intemperie
Nas páxinas deste libro, urxidas por unhas horas altas e amargas, reconstrúese a crónica do primeiro mes da enorme marea negra que atacou a ribeira atlántica...
Resistencia
Resistencia, a obra que constitúe o debut de Rosa Aneiros en Xerais Narrativa, percorre a historia política e social de Portugal, a través da vida de personaxes pertencentes a varias xeracións, desde os anos vinte ata os anos noventa do século XX...
Alicia no país das marabillas
A nena Alicia, caendo polo tobo dun coello vai dar a unha sala soterraña onde medra e encolle segundo consome beberaxes e doces máxicos, nada entremedias de animais extravagantes nunha pucharca formada coas súas propias bágoas, entra nun xardín encantado no que estraños personaxes manteñen con ela absurdos razoamentos envolveitos na máis rigorosa lóxica aparente, e logo esperta...
Cando os animais falaban
Cando os animais falaban é un tempo mítico en que se sitúan un grande número de contos populares, de sucesos fantásticos e marabillosos, sobre todo protagonizados por animais, coma os cen que se recollen neste volume preparado por Xosé Miranda e Antonio Reigosa...
Memorias dun raposo
Afonso Alfonso é un raposo que vive entre a Pena da Roca e o Pombeiro, entre As Fiosas e o Padornelo. Afonso naceu no Morollo da Golpilleira. Hai quen lle chama Pedro, ou Perico, porque se parece moito a un seu avó...
Ás de mosca para Anxo
¿Chegará algún día no que poida existir unha convivencia feliz entre os seres humanos máis alá das diferencias de ideas ou capacidades? Estrela, unha nova alumna do derradeiro curso de primaria -que recibe clases de apoio-, demostrará ós seus compañeiros de colexio, a súa familia e...
O Señor dos Aneis III
O Señor dos Aneis trata principalmente dos hobbits, e nas súas páxinas o lector descubrirá moito sobre o seu carácter e algo sobre a súa historia...
Noite de voraces sombras
Sara, unha moza de dezaseis anos, narra de forma apaixonada os acontecementos que durante unhas vacacións de verán na casa da avoa foron un auténtico terremoto na súa vida e lle axudarán, dende entón, a enfrontala dunha forma distinta...
A casa da luz
Alicia é unha rapaza trastísima e, ao parecer, todo lle vén do seu ingobernable desexo de saber, de coñecer e de experimentar. Cando Alicia e os seus amigos inseparables, Álvaro, Aida, Alba e Anxo se afanaban en construír unha cabana interminable onde planificar os seus xogos, apareceu Pumariño, un vello que andaba sempre a picar nas paredes da casa de Eiravella...