Número de libros encontrados: 47
Mary Quintero
Este libro recolle os máis de sesenta anos de profesión de Mary Quintero, retratista dende os 15 anos. Ordenado en catro apartados, os tres primeiros (épocas do branco e negro, da cor e o dixital) recollen datos privados e técnicos, referencias a artigos periodísticos e anécdotas contadas pola propia fotógrafa...
Vento e chuvia (Edición de campo)
Nun territorio extenso, misterioso e brutal no que aínda hoxe vivimos, os deuses conviviron cos homes, beberon da súa cervexa, participaron das súas batallas, exiliáronse nos seus montes...
Viaxe por Galicia
«A viaxe por Galicia» constitúe unha parte do libro The Bible in Spain, escrito por George Borrow, aventureiro inglés que vendía biblias polos camiños do mundo...
Galicia Encantada
O proxecto "Galicia Encantada" naceu no seu día para navegar pola internet e, agora, dez anos despois, faise libro. Unha parte dos documentos atesourados na web durante este tempo, revisados e actualizados, transmútanse en papel impreso coa gozosa pretensión de compartir a marabilla dos mitos, lendas, ritos, contos e outros sucedidos, case sempre sorprendentes...
O Miño. Un caudal de historia
O Miño, atravesando toda Galicia en diagonal (ou toda a Gallaecia xuntándolle o Sil), constitúe un factor de primeira magnitude no cicelado da historia do país...
Pedro Petouto
Este libriño editouse en volume no ano 1974, se ben boa parte dos capítulos desa primeira edición xa se publicaran, como dispersos, en 1973. Causou naquelas datas -aínda non morrera Franco- estrañeza ou desconcerto entre os lectores que viron no protagonista, Pedro Petouto, un mestre socialista, un curioso predicador marxistizante...
A alternativa está aquí
En momentos nos que a desesperanza vai da man da axitación cómpre revisar os nosos puntos de partida, as nosas perspectivas e alianzas. En momentos nos que se busca unha saída, unha solución e un punto e final ás malas noticias colectivas, é hora de deixar os lugares trillados e buscar as alternativas noutros que ata o de agora non estaban nin na liña do horizonte...
Rosalía de Castro: Imaxe e realidade
Este libro constitúe o primeiro estudo iconográfico dedicado a Rosalía de Castro e pertence a un xénero bibliográfico un tanto distinto, que poderiamos chamar iconografía documental...
Cameselle. Crónica fotográfica de Vigo (1975-2005)
Este libro recolle unha antoloxía do traballo fotoxornalístico realizado por Guillermo Cameselle no xornal "Faro de Vigo" de 1975 a 2005. Máis de oitocentas fotografías que constitúen una crónica social, política, cultural e deportiva da cidade de Vigo nun período tan decisivo como convulso...
Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez
De xeito desenfadado e mediante anécdotas, neste libro práctico ofrécense consellos para darmos o paso de usar o galego e para mellorarmos a nosa cualidade lingüística, desbloqueando os prexuízos e medos aprendidos e asumindo que os problemas con que nos encontramos moitas veces non son de orixe gramatical, senón social...
Vigo, a explosión dos ´80
Saíase das catacumbas da mobilización antifranquista e entrábase na «movida». Aquela década dos '80 -da que o fotógrafo Víctor de la Heras elixiu o que el considera o epicentro, entre 1983 e 1987, para nutrir visualmente este libro- foi un período de axitación preñado de día por sucesos políticos ou económicos de envergadura mentres pola noite unha tribo de modernos mesturaba euforia creativa cun desenfreado espírito lúdico entre concerto e concerto; foron os anos en que o naval saíu á rúa pero tamén os dos estragos da droga, cuxos efectos decimaban unha xeración de vigueses, ou os da sida que se coaba nos nosos cárceres...
No país das vacas
Dende hai séculos asóciase a imaxe da vaca a Galicia, pero pouco sabemos do mundo que se desenvolve arredor deste animal. Hoxe a vaca é a columna vertebral do medio rural en Galicia...
Vigo por Magar III
Manuel García Castro «Magar» ofrece neste terceiro volume da súa serie «Vigo por Magar», iniciada en 2002, outras trescentas instantáneas, panorámicas e retratos que contribúen a enriquecer a reconstrución da historia viguesa das últimas catro décadas...
Couto Mixto
Luís Manuel García Mañá, actual Xefe Superior de Policía de Galicia, ofrece neste fermoso libro, ilustrado coas fotografías de Xurxo Lobato, a radiografía exacta e documentadísima do Couto Mixto, un territorio peculiar, situado na raia seca existente entre Galicia e Portugal, que mantivo ata 1862 unha singularidade político-administrativa, chegando a constituír un enclave independente e gozando os seus habitantes de privilexios por esta condición...