Número de libros encontrados: 821
Tonas de laranxa
"Tonas de laranxa", a novela gañadora do Premio Xerais 2012, é, segundo os membros do xurado, un «acto de amor á lingua, arrecendente, profundo, vivo, diverso e capaz de espertar a fame do lector ou lectora»...
Palabras de auga
O xamán Mkebe ordenou a todos os membros do clan dos Wakati da tribo dos Kimba que abandonasen o país Lomba coa esperanza de atopar unha terra mellor con auga abondosa...
Como en Alxeria
A comezos da década dos 60 do século XX -unha década realmente « prodixiosa» na perspectiva de determinados analistas e, desde logo, de moitos daqueles que a protagonizaron- o mundo enteiro vive momentos de axitación e incertidume...
Aire negro
Cando o doutor Vítor Moldes comeza a traballar na clínica psiquiátrica Beira Verde, ten como primeira paciente a Laura Novo, unha muller coa memoria borrada, que ocupa as horas do día en escribir de xeito compulsivo o seu nome, aferrada a el coma se fose o único resto dalgún naufraxio emocional...
Eu, pel
Aquel rapaz ao que lle puxeron un nome que ninguén pronunciaba nunca, fíxose chamar a si mesmo Innominable. Era fillo dun farmacéutico brillante e dunha fermosa aristócrata da illa Meridiana, mais o mozo tiña unha misteriosa lesión...
O corazón de Xúpiter
Non foi doado para Isla mudar de cidade e empezar de cero nun novo instituto. Devecía por dar un paseo polo espazo, avistando planetas a través do telescopio, mergullada no ventre do universo...
En vías de extinción
Gaia é a protagonista de En vías de extinción. Ela é unha desas persoas que teñen a cerna dura coma un carballo, que asumen e reivindican o monte como berce persoal e que resisten a domesticación en todas as súas formas...
O país adormentado
No país de Glearim, onde reina Ambulasac o Vixiante, todos os seus habitantes dormen deseguido. No pasado concedéraselles o don de non morrer mentres durmían, por iso teñen medo a estar espertos e foron durmindo cada vez durante máis tempo coa intención de ser eternos...
Atl
Atlántida, Atlantis, Atl. O continente perdido. Moito se ten falado desta terra lendaria sen que aínda hoxe se conseguise demostrar a súa existencia, mais tampouco a súa falsidade...
As meigas de Lupa
María colleu un avión a Santiago de Compostela, onde a esperan os seus curmáns Pablo e Martiño, para pasar unha semana de vacacións coa avoa Berta...
15.724
Cun enorme poder metafórico, 15.724, unha magnífica novela de Xesús Constela, trasládanos a unha Patria «asentada no lombo dunha ave durmida» que está presidida pola figura do Gran Mariscal e ten como símbolo intocable o armadillo da súa bandeira...
As rapazas de Xan
De malla a malla desenvólvese a historia de amor, protagonizada por Carmela e Manuel durante os difíciles anos da posguerra en Cabanelas. Mais tamén é esta unha emocionante novela coral na que se describe o complexo tecido de relacións que compoñen a vida dunha aldea, marcada pola pobreza e a miseria, pola forte presenza da Igrexa que exerce unha notable influencia na vida cotiá, e pola ausencia de futuro na propia terra, cando a saída máis favorable para os seus habitantes máis novos é a emigración a Montevideo...
Iria
Continuando no ronsel de Pensa nao, esta nova novela de Anxo Angueira lévanos agora a fins dos sesenta, ós anos en que se organiza a primeira resistencia activa antifranquista...
Os fillos do mar
Simón Varela é un mediocre arquitecto residente en Vigo. Un día recibe unha chamada dunha señora da alta sociedade viguesa, Isabel Llobet, para que lle faga unha reforma nunha fonte da súa propiedade, nun pazo de Canido...