Número de libros encontrados: 1548
A velocidade do frío
A velocidade do frío é unha novela feita sen contemplacións, que pode tanto resultarlle aborrecible ó lector nunha primeira aproximación como doada e comprensible, pero dificilmente, en ningún dos casos, vai provocar indiferencia, porque as súas voces, as voces que se van facendo cargo do relato ó longo das 296 páxinas, sexan as dos protagonistas principais en forma de monólogo interior, ou sexa a do narrador en terceira persoa omnisciente -na segunda parte da novela- resoan todas, como di o propio Seixas, dende un recanto interior, autente, visceral e, dende logo, nada frío...
Unha noite con Carla
En palabras do autor con esta novela "pretendo facer unha reflexión sobre a reconstrucción dos feitos (verídicos ou imaxinados) en literatura e en xornalismo, así que partín dun caso posible de corrupción política para que un xornalista, Rodrigo Albán, nos contase a historia...
Exercicios de estilo
Nos Exercicios de estilo, que verqueron para o galego os prestixiosos traductores Henrique Harguindey e Xosé Manuel Pazos, o autor pon sobre a escena todo un coro de personaxes que interpreta, a modo de composición musical, a mesma corta anécdota contada de 99 maneiras distintas...
O fin dun canto
Xosé Luís Méndez Ferrín (Ourense, 1938) é un dos autores máis representativos da nosa literatura. Como narrador, articulista, investigador e historiador da literatura, ten editada unha importante lista de títulos...
Elipsis e outras sombras
Aparece en 1974 Elipsis e outras sombras, libro ó que lle faltaba o seu conto señor e principal «Elipsis», por motivos que o propio Ferrín non podía explicar nos avisos a aquela primeira edición, e ós que si se refire claramente no aviso á segunda, de 1983: «Esta edición inclúe o conto que dá título ao libro e que fora tachado con grosas aspas de lapis vermello na primeira edición»...
Profecía do mar
Nacido en Cangas, en 1932, Bernardino Graña aparece vinculado na súa carreira literaria ao colectivo e máis á editorial Brais Pinto, de singular relevo no proceso de renovación literaria, plástica e mesmo ideolóxica que se leva a cabo no noso país a partir de mediados dos anos cincuenta...
O cervo na torre
Segundo as propias declaracións do autor: Eu decateime de que o meu era escribir sempre o mesmo libro, un libro composto de moitos libros que en verdade son só capítulos...
Festas gastronómicas de Galicia
Para peixe fresco Vigo, para bonito Burela, para chocos Redondela, para empanadas Bandeira, para lampreas Arbo, para sardiñas Sada, para cocido Lalín, para marisco O Grove, para polbo O Carballiño...
Estirpe
É a poesía que afunda as súas raíces na terra a que explica, marca, expresa, canta e reclama as nosas diferencias, o noso devir tantas veces frustrado ou demitido...
A rosa de cen follas
Acaso a variedade temática, a capacidade para producirse en diferentes rexistros estilísticos, constitúan un dos apartados fundamentais na hora de caracterizar a poesía de Ramón Cabanillas...
Fírgoas
O poeta Manuel Luís Acuña (1900-1975), un dos nosos escritores da xeración de vangarda máis inxustamente esquecido, foi autor dun único poemario que agora se presenta nesta edición actualizada que procura resituar a obra de Acuña no panorama poético de preguerra, rescatándoa do silencio a que foi sometida, para poñela á altura doutras voces máis coñecidas como Manuel Antonio, Armado Carballo, Álvaro Cunqueiro ou Bouza Brey...
O infortunio da soidade
...amada Dalmara, habitáculo polo que demoro a fervenza da respiración artificial, boca a boca do delirium tremens, hederina transformada en sangue do meu sangue, líquido de lúa e lagoa de láudano, ave maría purísima, sen pecado concibido, non entendo, nunca comprendín frases e máis frases repetidas para non defraudar as expectativas postas no pragmático da linguaxe, poñamos por exemplo que non existe a linguaxe, inventemos a linguaxe, xoguemos cos signos como quen xoga coa morte, camiñar polo fío da navalla, pendurarse no límite, na fronteira desvendida que che ensina os segredos da arte, da única e verdadeira, a arte dende a disidencia...
Días contados
Os doce relatos que compoñen Días contados procuran diferentes olladas sobre a realidade inmediata, maiormente urbana, de xeito que o autor imaxina compatible, coexistente, un mundo real e facilmente nomeable con outros mundos, xa menos definidos ou desdebuxadamente concretos, que se insinúan co sorriso da ironía por cebo...
O soño sulagado
O soño sulagado (1954) é o segundo libro de poemas publicado en galego por Celso Emilio Ferreiro. Sen embargo, a través das súas páxinas podemos atopar claves do que vai constituír, en entregas posteriores, unha parte fundamental do mellor mundo poético do autor de Celanova...
Códice calixtino
Versos emocionados e emocionantes, atravesados de intimidade. Xogo sensual onde a luz e sombra debaten a súa fortuna. Luz Pozo Garza dános, neste texto, unha das mellores mostras do seu quefacer poético: a ansia da luz inunda as páxinas deste códice que se pode interpretar de moitos xeitos; un deles, o propio universo sobre o que a voz da poeta tenta poñer anacos de claridade, de amor que vence á morte...