Número de libros encontrados: 1548
As baleas de Eduardo Reinoso
"Habería que dicir dela, en primeiro lugar, algo no que todos os membros do xurado que a premiaron se manifestaron concordes: é divertida, lese nun arrauto, non permite que o lector se despegue...
Caixón desastre
"Caixón desastre" (seis relatos) recibiu o Premio Galicia da Universidade de Santiago e axiña conmoveu ós lectores: pola súa novidade, pola súa frescura, polo seu corrosivo humor "simbiótico", pola súa capacidade para observar a realidade, polo que anunciaba...
Aires da miña terra
Manuel Curros Enríquez (1851-1908) é a grande voz civil do XIX, figura sobranceira do Rexurdimento, e Aires da miña terra, publicado por primeira vez en 1880, un dos libros máis populares das nosas letras...
Un home de Vilameán
-Son de Vilameán e teño unha casa e unha pequena veiga. Pero a miña moza é de Vilariño; se vou vivir onda ela deberei doarlle as miñas propiedades ó mosteiro...
O catecismo do labrego e outras prosas
A prosa literaria galega ten en Valentín Lamas Carvajal (1849-1906) un dos seus primeiros e máis eficaces cultivadores. El é, sen dúbida, o prosista do rexurdimento, que foi sen embargo un movemento fundamentalmente poético...
O crime da rúa da Moeda Vella
Outra vez Compostela. O espacio humano e urbano da máis fermosa das nosas cidades serve de marco para esta historia de amor e de intriga que, sabiamente, Román Raña logra tecer e poetizar...
Fuxidos de sona
Os seus nomes andaban de boca en boca, maldicidos por uns, admirados en secreto por outros, lobos na montaña, entre a furia e a desesperación. Ó Piloto -o derradeiro abatido en España- matárono en 1965 a carón da represa de Belesar, en Lugo...
Na noite estrelecida
"Na noite estrelecida" (1926) é a recreación poética, desde Galicia, dos vellos mitos artúricos e bretóns: Merlín, a espada Escalibur, Galahaz, a antiga Caledonia, o vaso marabilloso do Santo Grial...
Para despois do adeus
Nos tempos da Habana, gardamos sempre unha fotografía da estación; nela estamos Andrea e mais eu; a miña irmá cos ollos de chorar e os labios enfuciñados...
No ano do cometa
No ano do cometa, trasládanos á Europa de 1066, cando, trala morte do rei Edward o Confesor, se abre un dos pleitos sucesorios máis sanguentos da historia...