Os libros de Xerais O cento voando e A botella de lentellas resultaron gañadores dos Premios Follas Novas nas categorías de Divulgación e Literatura Infantil.
Andrea Nunes recolleu o premio á mellor obra de divulgación por O cento voando, un ensaio coordinado por ela e por Ánxela Lema París arredor de modelos de relacións máis alá da monogamia. Na obra participan autories como María Reimóndez, Brigitte Vasallo, Mariamo, Iria Veiga, Lorena Souto ou Mario Regueira.
Por outra parte, o Premio Follas Novas á mellor obra de Literatura Infantil foi para A botella de lentellas, de Leticia Barbadillo. A novela xa adquirira o Premio Merlín de Literatura Infantil en 2023.
Os premios
A novena edición dos Premios Follas Novas do Libro Galego pecharon a súa edición deste ano coa tradicional gala que deu a coñecer aos ganadores en cada unha das trece categorías destes galardóns. A gala celebrada no Teatro Principal de Santiago de Compostela serviu de repaso da intensa e prolífica actividade do mundo do libro durante o ano 20223. Os premios reivindican a excelencia acadada en 2023 en librarías e editoras e destacan tamén os papel das autoras galegas que dominaron en case todas as categorías.
A Gala dos Follas Novas volveu a representar o excelente momento creativo da comunidade do libro en Galicia e volveu poñer de manifesto a necesidade de que esta creatividade sexa acompañada por políticas que incrementen a visibilidade e a presenza do libro e da literatura galega na sociedade. O xurado desta novena edición estivo formado por Andrea Barreira, David Cortizo, Beatriz Fariñas, Lorena Gómez, Carlos Negro, Arantxa Nogueira, María Villaverde.
Os premios Follas Novas están organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia (FLG), co apoio da Concello de Santiago, a Deputación de A Coruña, a Xunta de Galicia e CEDRO.
share