![<strong>Siro Iglesias Izquierdo, parte do ADN de Xerais, xubílase tras 41 anos de traballo</strong>](../../imagenes/blog/siro_iglesias_xubilacion.jpg)
17.07.2024
Siro Iglesias Izquierdo, parte do ADN de Xerais, xubílase tras 41 anos de traballo
O noso responsable de Administración e Dereitos de autor di adeus a Xerais despois de 41 anos de traballo na editorial con motivo da súa xubilación. A traxectoria de Siro Iglesias Izquierdo forma parte xa do ADN de Xerais dende que en outubro de 1983 entrase a formar parte do equipo da editorial cun contrato de tres meses que se prolongou ata agora.